lunes, 7 de noviembre de 2011

ENERXÍAS SOSTIBLES PARA TODOS/AS

A Asamblea Xeral das Nacións Unidas recoñecendo a importancia da enerxía para o desenvolvemente sostible, proclamou o ano 2012, Ano Internacional da Enerxía Sostible. A comunidade educativa considerao como un valiosa oportunidade para profundizar na toma de conciencia sobre a importancia de incrementar o acceso sostible á enerxía, a eficiencia enerxética e a enerxía renovable en todos os ámbitos local, nacional.., como unha forma de axudar a millóns de persoas a mellorar as súas condicións de vida.
Dende o CPI de Panxón tamén queremos celebrar o ANO Internacional das Enerxías Sostibles, para iso desenvolveremos o Proxecto como un PFAC no que utilizaremos ferramentas da Web 2.0, tanto para as actividades que se propoñan ao alumnado como para os productos que estes desenvolvan. 
O obxectico e crear unha conciencia ambiental nas dúas etapas de Educación Primaria e Educación Secundaria Obrigatoria implicando á totalidade do centro: profesorado, alumnado, familias e persoal non docente.
Traballaremos catro bloques principais: Os residuos, A auga, A enerxía eo Respeto ao entorno físico e humán.
En definitiva pretendemos desenvolver no alumnado a capacidade de actuación de forma consciente e crítica no seu entorno en defensa e protección do medio ambiente, valorar as repercusións que sobre él teñen as actividades humáns e contribuir activamente á defensa, conservación e mellora do mesmo como elemento determinate da calidade de vida.