miércoles, 29 de febrero de 2012

5 de Marzo: DIA MUNDIAL DA EFICIENCIA ENERXÉTICA

O Día Mundial da Eficiencia Enerxética celebrase cada ano o 5 de marzo. É unha data propicia para reflexionar sobre o uso racional que lle damos á enerxía, e actuar en consecuencia.
A eficiencia enerxética  prantesaxe como unha das políticas de freo para o cambio climático e a consecución de sociedades sostibles, xunto co desenvolvemento das enerxías renovables e unha política de transporte menos agresiva co medio.
Debemos de empregar o reciclaxe, o uso de productos menos contaminantes e un consumo intelixente, é dicir, utilizar só aquela enerxía que realmente necesitemos. 

RECURSOS EDUCATIVOS NO PORTAL DEL INTEF
PÁXINAS DE INTERÉS

viernes, 17 de febrero de 2012

ENTROIDO ECOSOSTIBLE

Hoxe celebramos a nosa festa  de carnaval no cole; disfrazados todos/as seguindo o proxecto que desenvolvemos este curso referente as enerxias sostibles eo coidado do medio ambiente: 1º ciclo de gotas de auga, 2º ciclo de árbores, 3º ciclo de contenedores de reciclaxe (pilas,basura orgánica, de vidrio de papel..), 1º ESO de muiños de vento (enerxía eólica), 2º ESO de soles e placas solares (enerxía solar), 3º de ESO de olas (enerxía mareomotriz) o alumando de 4º da ESO cubriu como todos os anos  a seguridades dos pequenos/as. O profesorado moi motivado disfrazouse de mundo cun lema ¡S.O.S ao planeta!. Todos os disfraces quedaron moi vistosos.
Fixemos un pasarúas por  Panxón, as pancartas e lemas ían nas dúas carrozas feitas polo alumnado nas clases de tecnoloxía; unha verdadeira maravilla¡¡¡¡ no percorrido fomos acompañados polos pais e nais, algunhas delas  tamén disfrazadas da temática do proxecto, animaron, bailaron e cantaron con nós polo pasarúas, dende aquí dámoslles as grazas pola súa participación.
Ao chegar ao colexio no campo de abaixo desfilaron todos os cursos e xuntamonos finalmente para a gran foto do entroido 2012. A continuación podedes ver o fontomontaxe que fixemos con todo o proceso, elaboración de carrozas, disfraces, pasarúas..etc