viernes, 30 de marzo de 2012

REFLEXIONANDO SOBRE COMO XERAR MENOS LIXO

En Europa a producción de residuos duplicouse nos últimos 30 anos e  polo tanto, calquera acción de prevención de residuos é benvida . O Blog de residuos da mancomunidade Navarra faise  eco deste proxecto da  Fundación Antena 3 .  O concurso Te  Toca  invita aos xóvenes de 12 a 16 anos a que reflexionen e envíen as súas ideas sin desperdicio sobre “cómo xerar menos lixo” . Os xóvenes deben responder a dúas preguntas: Que podes facer ti? e Que deberían facer os adultos?



martes, 27 de marzo de 2012

VISITA DO ALUMNADO DE PRIMARIA AOS MUIÑOS DO FOLÓN E DO PICÓN

O alumnado de Primaria participou hoxe 26 de marzo nunha ruta guíada polos 67 muíños hidráulicos na vila do Rosal, estes datan dos séculos XVII e XVIII e foron declarados Ben de Interese Cultural en 1998. O profesorado e o alumnado recorreron en total 3,5 Km como verdadeiros campeóns. No primeiro muiño do Folón, o "das Laxes" veron unha demostración de moenda para admirar a conversión do miño en fariña e a explicación do seu funcionamento.
O que mais nos sorprendeu foi o último sector de 22 muiños, tanto pola súa disposición como pola paisaxe que poidemos presenciar, están situados un tras outro en forma de escaleira para aproveitar o paso da auga e aumentala súa forza motriz. Na seguinte presentación podemos disfrutalos de novo.

sábado, 24 de marzo de 2012

É A HORA DO PLANETA ¡ACTUA!!!!


Esta iniciativa de WWF é a maior campaña en defensa do medio ambiente da historia, na que participarán millóns de personas. 

                     HORA DO PLANETA 2012
As 20:30 do sábado 31 de marzo de 2012, ciudadáns, comunidades, empresas e gobernos de todo o mundo apagarán as súas luces durante unha hora – La Hora del Planeta –, transcendendo todas as barreiras relixión, cultura, sociedade, xeneración e localización xeográfica nunha celebración global polo Planeta.




martes, 20 de marzo de 2012

DA POESÍA......Á AUGA.....Á VIDA


As actividades da Biblioteca este curso estan integradas no Proxecto de enerxías sostibles que se ven desenvolvendo no centro. Marzo, mes da  POESÍA non podía ser menos e todo o CPI puxo o seu sentimento na rima. A temática foi a AUGA ben imprescindible para a vida e tan escasa hoxe, moitos de nós nunca o pensaramos tan profundamente polo que a degustamos, tocamos, sentimos, e......saleu a nosa obra poetica. 
Antes de presentala e pensado na sesión de recitado de Poemas, uns pequenos consellos.
 
de Santiago Pascual
UNS CONSELLOS PARA O RECITADO DE  POEMAS

Recitar é dicir un poema intentando reproducir os efectos sonoros e a expresividade que o autor lle imprimiu ao crealo. Para recitar correctamente un poema é moi importante:
  • Ler varias veces o poema para comprender ben o seu significado.
  • Ler varias veces en voz alta para interiorizar o seu ritmo
  • Coidar a pronunciación e vocalizar ben as palabras.
  • Intentar vivir a emoción que expresa o texto.
  • Respetar os signos de puntuación e as estrofas e versos
  • Non ter presa, desfrutar mentres se le.

 Comezan a chegarnos os primeiros Poemas do alumnado:

3º de Educación Primaria



Open publication - Free publishing - More poems

SWIMMING THROUGH LIFE

 1º ESO: WATER IS...
This work has been done by 1st ESO; you can read what they think or feel about water.


2º ESO: DROPS OF HOPE
The students in 2nd ESO have decided to create drops full of words and sentences related to water. Have a look.
 


3º ES0: ACROSTIC POEMS 

4º ESO: WATER HAIKU POEMS
This is how 4th ESO commemorates  the International Water Day.We can learn by their poems the importance of water and the close relationship it has in our lives. Read and enjoy their words.

Open publication - Free publishing - More poems

LINGUA CASTELÁ  (ESO): COCIÑANDO CON AUGA E VERSOS
O Día Internacional do Auga reflexase con todas as mencións que dela fanse nos traballos. O Día da Posía (21 de marzo) aporta a rima, a música as súas figuras, ....súa forma, para que o contido de todos os vosos mensaxes discurriran por ela coma a auga fai nas nosas vidas.
Na seguinte presentación tendes o voso RECETARIO.

jueves, 15 de marzo de 2012

DÍA MUNDIAL DO AUGA (22 de marzo)

O AUGA E A SEGURIDADE ALIMENTARIA este é o lema do Día Mundial del Agua 2012, que se celebrará o 22 de marzo próximo.
"El mundo tiene sed porque tenemos hambre"
Hoxe en día hay 7.000 millóns de persoas que alimentar no planeta e se prevé que haberá outros 2.000 millones máis para o año 2050. As estadísticas indican que todas as persoas beben de 2 a 4 litros de auga diario, sen embargo, a maior parte do agua que 'bebemos' está incorporada nos alimentos que consumimos: producir 1 kilo de carne de vacuno, por exemplo, consume 15.000 litros de auga, e 1 kilo de trigo  'bebese' 1.500 litros.
Afrontar o crecemento da poboación e garantir o acceso a alimentos nutritivos para todos esixe unha serie de medidas ás que todos podemos contribuir co seguinte:
  • Consumir productos que fagan un uso menos intensivo do agua.
  • Reducir o escandaloso desperdicio de alimentos; nunca consumese o 30% dos alimentos producidos en todo o mundo e o auga utilizada para producilos perdese definitivamente.
  • Producir máis alimentos, de mellor calidade, con menos agua.
  • Levar una alimentación saudable.
Animación feita pola ONU e a FAO para explicarnos a relación entre a auga e os alimentos. 

miércoles, 14 de marzo de 2012

CAMPAÑA POLA REDUCCIÓN DAS EMISIÓNS DE GASES DE EFECTO INVERNADOIRO

de Amigos da Terra
 O noso goberno debera facer mias para frear o cambio climático. Sen accións urxentes, secas, inundacións e climas extremos formarn parte do noso día.
Por este motivo os grupos de Amigos da Terra en España puxeron en marcha S.O.S. Clima, unha campaña para pedir aos gobernos o compromiso de reducir anualmente as emisións de CO2.
A campaña lanzase en 17 pases da Unión Europea pedindo que os gobernos europeos compromtétanse a reducir ano a ano as súas emisións de gases de efecto invernadoiro. Estes recortes deberan reducir polo menos un 30% as emisións na UE en 2020 e un 90% en 2050.  
Un pequeno esquema do proceso a continuación:






martes, 13 de marzo de 2012

OBRADOIRO DE ENERXÍAS RENOVABLES 3º CICLO

Dentro do proxecto que desenvolvemos este curso o alumnado do 3º ciclo está a traballar as fontes e tipos de enerxías, por iso dentro das actividades que se desenvolven dende Aula verde correspondeulles realizar o obradoiro de Enerxías Renovables e Medio ambiente os días 8 e 9 de marzo. Os contidos curriculares desenvoltos foron:

  • Concepto de enerxía
  • Fontes de producción convencionais e alternativas, renovables e non renovables.
  • Aforro i eficiencia enerxética.
  • Desenvolvemento sostible e cambio climático.

Podedes ver imaxenes do obradoiro na seguinte presentación.

A HORTA AROMÁTICA 2º CICLO EP

Coincidindo co estudio do  tema sobre as plantas dento da programación do curso,  os días 1 e dous de marzo o alumnado do 2 ciclo de EP fixemos o obradoiro da horta aromática, plantamos sementes de cebollino e de albahaca. Tamén fixemos sales de baño que nos deixaron a aula chea dun agradable aroma.
     Pásamolo moi ben, foi toda unha experincia descubrir con que facilidade se conseguen unhas sales de baño, non só de agradable olor, tamén dunhas fermosas cores.
      Pero este obradoiro  ainda non rematou, quédanos a tarefa de regar as sementes que xa empezaron a xerminar. Cada día pola mañá entramos na aula coa ilusión de ver como van medrando, incluso existe a competición por ver a quen lle saen máis. Podedes ver o proceso  na seguinte presentación.

RECICLANDO PAPEL NO PRIMEIRO CICLO

Dentro do Proxecto "Aula Verde Na Escola" o alumnado do 1º ciclo o día 24 de febreiro, realizou un obradoiro de reciclado de papel. Mirade como disfrutaron  e ademais aprenderon a importancia de conservar os nosos bosques.


domingo, 11 de marzo de 2012

DIA DA TERRA: Obradoiros e teatro ao longo do mes de abril na CIDADE DA CULTURA para concienciar a nenos e maiores sobre a importancia do coidado do medio

“Cidade de cartón” abrirá a programación ambiental do Gaiás os días 7 e 8 de abril cun obradoiro no que rapaces de 6 a 14 anos coñecerán as múltiples vidas deste material co que construirán os seus propios edificios
“Xogando co medio”, que terá lugar o 15 e 22 de abril, busca ensinarlles a nenos de 5 a 14 anos xunto aos seus pais prácticas sostibles a través de divertidos xogos e obradoiros cos que aprender a reciclar e optimizar recursos
O 28 de abril será a quenda dos máis pequenos coa sesión teatral “O día que chegou unha nube e choveu”, un espectáculo de marionetas para gozar cos 5 sentidos e cunha mensaxe clara: “Sen auga no hai vida”
O vindeiro 22 de abril celebrase o Día da Terra, unha xornada coa que se pretende chamar a atención sobre os problemas ambientais que poñen en perigo o noso planeta e que busca fomentar unha maior conciencia ecolóxica. Para conmemorar esta data, a Cidade da Cultura pon en marcha unha programación especial durante as fins de semana de abril coa que pequenos e adultos aprenderán prácticas sostibles a través de divertidos xogos, obradoiros e representacións teatrais.

Deseñando a túa propia Cidade

Esta programación ábrese o sábado 7 e o domingo 8 de abril coa actividade Cidade de cartón, un obradoiro no que rapaces de 6 a 14 anos descubrirán os múltiples usos que ten este material co que “reinterpretarán” o complexo do Gaiás. Como? Ilustrando, recortando e compoñendo edificios da súa particular Cidade da Cultura que se plasmará nun gran mural para a súa exhibición ao público. Atendendo aos diferentes tramos de idades, o obradoiro do 7 de abril está dirixido a nenos de 6 a 9 anos mentres que o do domingo 8 está pensado para rapaces de 10 a 14 anos. Ambos os dous arrancarán ás 11:00 da mañá e terán unha duración de tres horas. Cada obradoiro conta cun máximo de 15 prazas e as entradas sairán á venda mañá luns 12 de marzo enwww.servinova.com a un prezo de 3 euros máis gastos de xestión.

Xogos e trucos para coidar o planeta

Xogando co medioserá o evento que acolla a Cidade da Cultura os domingos 15 e 22 de abril. Son dúas xornadas nas que nenos de 5 a 14 anos desenvolverán toda unha serie de actividades relacionadas co medio a través das que divertirse aprendendo a ser máis sostibles. Deste xeito, Xogando co medio bríndalles a oportunidade de converterse en inspectores ambientais, crear xoguetes e agasallos para os seus amigos e familiares a partir de residuos ou ir superando probas coas que aprender trucos para coidar o planeta día a día. Ademais desta amena e divertida aprendizaxe, os rapaces serán a voz da conciencia dos visitantes que se acheguen ata a Cidade da Cultura neste mes no que o medio é o protagonista coa creación dunha árbore formada con consellos ‘verdes’ de cada un dos participantes, que se colocará nun edificio do Gaiás.
As actividades de Xogando co medio organízanse en dúas quendas para adaptar os contidos ás diferentes idades dos participantes. Así, de 10:30 a 13:30 horas estará dedicado aos nenos de 5 a 9 anos que, ademais, poderán compartir esta aprendizaxe cos seus pais, cos que debaterán como mellorar os seus hábitos diarios e, sobre todo, no fogar para non danar o medio. De 16:30 a 19:30 horas será a quenda dos rapaces con idades comprendidas entre os 10 e os 14 anos. As entradas poderán adquirirse a partir deste luns a un prezo de 3 euros máis gastos de xestión en www.servinova.com e son válidas para os dous días que dura a actividade: os domingos 15 e 22 de abril.

O valor da auga entre os máis pequenos

Os máis pequenos terán tamén o seu espazo neste mes sostible o sábado 28 de abril coa obra teatral O día que chegou unha nube e choveu. Trátase dun coidado espectáculo de pequeno formato no que, a través de marionetas, unha actriz vai narrando o que sucede cando un día a auga aparece nun lugar no que non había nada e como a vida, con todos os seus matices, fai acto de presenza. A obra, de trinta minutos de duración, está pensada para gozar cos cinco sentidos e que os nenos aos que vai dirixido, de 1 a 5 anos, non só sexan espectadores, senón que se sintan parte da historia e participen de forma activa, facilitando que cale neles unha mensaxe tan sinxela como fundamental: Sen auga non hai vida.
O espectáculo terá lugar o 28 de abril no Museo de Galicia en dúas quendas: 12:00 e 17:00 horas. As entradas poranse á venda este luns 12 de marzo en www.servinova.com a un prezo de 5 euros máis gastos de xestión. Cada entrada é dobre e dá acceso ao espectáculo a un neno máis un adulto.

O DÍA QUE CHEGOU UNHA NUBE E CHOVEU

Unha actriz vai narrando o que sucede cando un día a auga aparece nun lugar no que non había nada e como a vida, con todos os seus matices, fai acto de presenza. Transmite unha mensaxe tan sinxela como fundamental: Sen auga non hai vida.

15 de marzo DÍA DO CONSUMIDOR: CONSUMO RESPONSABLE

Acercase o día do consumidor, e dende o CPI aproveitaremos para insistir na importancia de facer un consumo responsable. O alumnado de primaria visualizará nas aulas este vídeo tan significativo. REDUCIR, REUTILIZAE E RECICLAR


viernes, 9 de marzo de 2012

PRESENTACIÓN DO PROXECTO Á COMUNIDADE EDUCATIVA

O pasado mércores 7 de marzo, fisoxe no CPI a presentación á Comunidade Educativa das actividades que imos desenvolver este curso dentro do Proxecto de Enerxías Sostibles  e ECOESCOLAS.
A presentación foi realizada brillantemente por HUGO PEREIRA CHAMORRO  alumno de 6º de EP no salón de actos do Centro.


A continuación tendes a presentación que expuso Hugo con todos os contidos do Proxecto.


lunes, 5 de marzo de 2012

O MEU BLOG É DE CO2 NEUTRAL

No ano das enerxías sostibles van xurdindo moitas e boas iniciativas como esta que atopei no Blog Actividades para educación infantil, tratase dunha iniciativa de Geniale, unha empresa de ofertas e catálogos por internet que propón: "Mi blog es de CO2 neutral", que ten como obxectivo anular as emisións de dióxido de carbono emitido polos servidores que interveñen no almaceamento e publicación dos nosos blogs. Se queredes saber máis pinchade sobre o enlace anterior.


Algunhas das preguntas que aparecen na web de:

Haz que tu blog sea de impacto cero. Planta gratis un árbol con la ayuda de Geniale

Que valor ten ser “carbon neutral” ?
É u sono da ecoloxía e é o medio para eliminar o dióxido de carbono que se produce.
Como? ¡Plantando árbores no mundo!

Como pode unha árbore anular a producción de dióxido de carbono do teu blog? Canto CO2 produce o meu blog? 
Segundo o Dr. Alexander Wissner-Gross, un activista do medio ambiente e físico de Harvard, un sitio web produce un promedio de 0,02 gramos de CO2 por cada visita. Calculando 15.000 visitas de páxinas ao mes, esto se traduce en 3,6 kg de CO2 ao ano. Esta producción está principalmente vinculada á operación dos servidores.
Planta unha árbore de forma gratuita e converte o teu blog en “carbon neutral”
"Meu blog é de carbono neutral" é unha iniciativa que ten como obxectivo o de anular as emisións de dióxido de carbono. Nos prantaremos unha árbore para anular a producción de dióxido de carbono que produce o teu blog, desa maneira as emisións quedarán anuladas por un tempo correspondente a 50 anos!

Porque Geniale.es apoia esta iniciativa?
Por que transforman os catálogos de papel en catálogos dixitais, o cal serve para aforrar papel e para acabar coa deforestación. O obxectivo con este proxecto é o de plantar novos árbores.
Reequilibra o CO2 producido polo teu blog (ou sitio): ¡Participa!

domingo, 4 de marzo de 2012

8 de MARZO: ENERXÍAS E MULLER TRABALLADORA

O 8 de marzo commemorase o día da muller traballadora, no referente ás enerxías tamén hai mulleres moi destacadas, dende aquí o noso pequeno homenaxe, ás mulleres que traballan por un mundo mellor.

APRENDE CON ECO OS 3 R

A empresa Sogama baixo o título "Aprende con Eco os tres R" ven de publicar un CD interactivo, que orientase ao alumnado de idades comprendidas entre os 6 e os 12 anos, proporcionando as claves para modificar os hábitos que limitan a colaboración cidadá na xestión sostible dos residuos urbanos.

Unha mascota, Eco, é a encargada de guiar aos pequenos na adopción de comportamentos vinculados ao consumo recional, o aproveitamento dos recursos e a axeitada clasificación do lixo en orixe para propiciar o seu posterior reciclado.

 

jueves, 1 de marzo de 2012

AUGA E POESÍA



(Llueve, llueve dulcemente...)
... El agua lava la yedra;
rompe el agua verdinegra;
el agua lava la piedra...
Y en mi corazón ardiente,
llueve, llueve dulcemente

Esté el horizonte triste;
¿el paisaje ya no existe?;
un dia rosa persiste
en el pálido poniente...
Llueve, llueve dulcemente.

Mi frente cae en mi mano
¡Ni una mujer, ni un hermano!
¡Mi juventud pasa en vano!
-- Mi mano deja mi frente... --
¡Llueve, llueve dulcemente!

¡Tarde, llueve; tarde, llora;
que, aunque hubiera un sol de aurora
no llegará mi hora
luminosa y floreciente!
¡Llueve, llora dulcemente!

Juan Ramón Jimenez