miércoles, 31 de octubre de 2012

COMITÉ AMBIENTAL PARA ESTE CURSO 2012-13

Hoxe 31 de outubro reunimonos para constituir o comité ambiental do centro para este curso. Está formado por 1 alumno/a de cada curso de Primaria e un representante por cada curso da Educación Secundaria Obrigatoria, profesores de todas as etapas e ciclos, nais/pais, un representante do personal non docente, representante do equipo directivoe do concello (concellería de Medio Ambiente). Un comité que representa a toda a Comunidade Educativa e quexya empezou a traballar en novas ideas para os vindeiros meses (manteremosvos informados).

Grazas a todos/as polo voso traballo desinteresado.

martes, 30 de octubre de 2012

LIBRO: LAS MARAVILLAS DEL AGUA

Las maravillas del agua é un libro multimedia, sobre ciencias e o tema central é a auga. Presenta unha historia de ciencia ficción das aventuras divertidas de Sydney e Symon, dous científicos que forman un equipo para explorar o mundo, facendo preguntas e realizando experimentos coa axuda da súa familia e os seus mestres.
O libro foi escrito por Peter H. Reynolds e o seu irmán xemelgo Paul A. Reynolds.


As aventuras de "Las Maravillas del agua" atopanse en idioma español e inglés, para ler e escoitar descargar en pdf..
Ademais brinda actividades para realizar experimentos como: 
Como se forma unha nube?
As maravillas do ciclo da auga
Como facer desaparecer o auga?
A historia é unha excelente proposta para utilizar na ensinanza das ciencias, xa que se relaciona co enfoque de alfabetización científica donde os alumnos/as realizan indagacións mediante a formulación de preguntas, hipótese, observacións, experimentacións, resolución de problemas, identifican e interpretan como funciona a natureza.

Vía EduTic