miércoles, 30 de octubre de 2013

UN ACUARIUM NO COLEXIO

O obxectivo básico desta experiencia é introducir aos alumnos/as no estudo dos ecosistemas acuáticos e colaborar con outros alumnos/as no mantemento da vida no interior dun acuario. A actividade proposta ten como obxectivo básico o respecto e coidado de seres vivos, en concreto daqueles seres que habitan o interior dun acuario de auga doce como son os peixes, as plantas e os caracois. As técnicas que se propoñen son moi sinxelas e concrétanse no mantemento do acuarium. A experiencia estrutúrase en doce grupos de traballo, que pertencen a dous grupo-clase diferentes de 6º Educación Primaria  e 1º de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO). Cada grupo de traballo presenta un número de alumnos reducido (4-5). Os obxectivos da actividade son: a toma de responsabilidades por parte dos alumnos/as, o respecto aos seres vivos e a iniciación nas aplicacións prácticas para que poidan relacionar a teoría coa práctica.



COMEZAMOS¡¡¡¡ NOVO PROXECTO

Un ano maís desenvolvemos un proxecto no colexio e algo se está a mover polos seus corredores, dende fai un tempo escoitamos ruídos, desaparecen cousas, o garda di que polas noites escoita voces...........será unha "ánima" que coñece o que imos facer este curso?, aparecerá un destes días?. Procura non faltar a clase o día 16 de novembro xa que algo fantástico ocorrerá na biblioteca.