viernes, 17 de enero de 2014

DOCUMENTO DE TRABALLO PARA O PROFESORADO " O MEDIO MARIÑO DENDE UN ENFOQUE OCEANOGRÁFICO"

Como sabedes o noso proxecto desenvolvese en tres partes:
·         1ª.-O medio mariño dende un enfoque biolóxico
·         2ª.- Os recursos mariños da costa galega
·         3ª.- A cultura do mar
     Como paso previo ao desenvolvemento de actividades co alumnado   é preciso facer unha maior concreción de parte da programación do proxecto, máis cando non se conta de antemán cunhas unidades didácticas preparadas para que o profesorado desenvolva o tema que tratamos no proxecto.
     No documento que agora se  presenta  recollese de forma máis resumida a presentación xeral,  introducense algúns cambios, pero sobre todo céntrase e desenvolve de forma máis concreta a 1ª parte do proxecto que muda o nome (pasa de chamarse “o medio mariño dende un enfoque biolóxico”  a chamarse “o medio mariño dende un enfoque oceanográfico”), recollendo información complementaria para facilitar ao profesorado o desenvolvemento dos contidos e a realización de actividades.
A partir deste documento sairán as propostas de actividades curriculares a desenvolver polo alumnado.