miércoles, 30 de abril de 2014

LA VOZ DE PANXÓN: MARZO

O tempo e as noticias non deixan descansar os nosos xornalistas locais, déixovos coa publicación de marzo para que vexades que este mes tamén tivo en moitas ocasións o mar como protagonista.


martes, 29 de abril de 2014

A CHARCA DO MEU COLE


EN BUSCA DA SOSTIBILIDADE “DESCOBRE AS DUNAS DE GAIFAR”

Este traballo tivo por obxecto descubrir a importancia das Dunas, a súa dinámica de formación, a súa flora, a súa fauna e os perigos aos que está continuamente sometido este ecosistema .
OBXECTIVOS :
-    Identificar e descobrer unha duna costeira  e analizar os factores que interveñen na súa formación.
-    Coñecer a fraxilidade dos ecositemas dunares ante os cortos e intensos cambios que os homes producimos na natureza.
-    Propiciar un pensamento crítico e de reflexión na busca de solución ao problema.
AREAS RELACIONADAS: Ciencias Naturales, Ciencias Sociais.

METODOLOXÍA
Basouxe nunha aprendizaxe autónoma, colaboradora e participativa, co obxectivo de fora o alumnado o que decubrira por si mesmo o funcionamento dunar e chegara as súas propias conclusións.
A actividade constou de dúas fases:
-    Traballo de campo (2 horas)
-    Posta en común e elaboración de presentacións dixitais por grupos que tiveron que exponer aos compañeiros/as da ESO.
Traballaron en grupos de 5, cada grupo ocupose dunha parcela de traballo:
-    Plano da parcela
-    Condicións atmosféricas
-    Flora
-    Fauna, centrada na Píllara que comeza neste mes o seu período de reproducción
-    Proceso de formación dunar
-    Experimentos de comportamento dunar.
MATERIAIS EMPREGADOS
-    Libreta de campo
-    Prismáticos
-    Lupas
-    Brúxulas
-  Metro
-    Guía de flora e fauna (editada polo Concello de Nigrán)

HISTORY OF FISHING

ESPECIES EXPLOTABLES NA COSTA

A historia de Galicia non se entende se non se relaciona coa pesca, e a pesca non sería o mesmo se non fora polos galegos arredor dos mares. A nosa comunidade ten nas súas rías unha das costas máis produtivas do mundo na que o ser humano a través dos séculos foi capaz de explotar e, a día de hoxe, en maior cantidade pero co cumprimento da normativa (tallas mínimas para a súa pesca, distintas cotas de recolección de peixes e mariscos...) e de xeito máis racional. O alumnado de 3º, elaborou guías dás principais especies explotables na nosa costa, indicando a súa morfoloxía, ou seu hábitat, a talla mínima para pescalo e ás artes de como se capturan estas especies.

  A ANGUÍA


 A ESTRELA


 PEZ LUNA


FOCA



 O CARANGUEXO

 O SAN MARTIÑO
 OURIZO DE MAR
 PEIXE PALLASO

 RAIA

TIBURÓN

O NÚMERO DE OURO E A SÚA REPRESENTACIÓN NA NATUREZA

"O número de ouro e a súa representación na natureza" é unha unidade didáctica preparada dende a área de Educación Plástica e Visual para os alumnos de 4º de ESO, enmarcada dentro das directrices do proxecto que se está a levar a cabo dende todas as áreas do CPI de Panxón. Con ela preténdese introducir aos alumnos no mundo das proporcións, así como no desenvolvemento xeométrico da sección áurea, a través da súa relación coas formas da natureza e de certos crecementos biolóxicos, facendo fincapé naquelas relacións máis vinculadas ao medio mariño. O seguinte vídeo está xerado a partir da presentación coa que se introduce os alumnos no tema e se desenvolven as representacións xeométricas e as súas relacións co mundo natural.

lunes, 28 de abril de 2014

A PESCA NO VAL MIÑOR: CIENCIAS SOCIAIS e MATEMÁTICAS ESO

O título do traballo é “A pesca no Val Miñor”. Se desenvolveu durante 5 sesións co alumnado de PDC 3º de ESO.
É un proxecto en formato dixital coa ferramenta PREZI. Va inmerso na unidade de traballo número 5 “Sector Primario”.
1. Obxectivos
1.    Identificar as actividades pertencentes ao sector primario.
2.    Diferenciar a pesca da acuicultura e a pesca de baixura, altura e gran altura. Citar recursos mariños non vinculados á actividade pesqueira.
3.    Recoñecer aquelas actividades do sector primario que deterioran o medio natural e cómo o fan.
4.    Sintetizar información xeográfica mediante esquemas ou cadros e comentar mapas, textos, datos, gráficos e debuxos.
5.    Obter información sobre as principais características da pesca no Val Miñor e a súa problemática.
6.  Coñecer a realidade social do mundo do mar
7.    Recoñecer a importancia do quiñón e as diferentes artes de pesca da zona.
2. Competencias básicas
. Conocimiento e interacción co mundo físico e natural
Percibir e coñecer o espazo físico en que se desenvolve a  actividade  humana, así como a interacción que se produce entre ambos.  
Analizar a acción das persoas na utilización do espazo natural e dos seus recursos,  tanto dende o punto de vista dos problemas que a veces se xeneran, como dende as accións que se levan a cabo para asegurar a protección e o cuidado do medio ambiente.  
 Dixital e tratamento da información
Buscar, obter e tratar a información procedente da observación directa e indirecta da realidade, así como de fontes escritas, gráficas y audiovisuais.  
Establecer criterios de selección da información proporcionada po las diversas fontes según criterios de obxectividade.  
Empregar ferramentas de traballo con formato dixital
Coñecer e interpretar as  linguaxes simbólicos e de representación, especialmente os referidos á cartografía, gráficos e a  imaxe.  
 . Comunicación lingüística
Utilizar distintas variantes do discurso, en especial, a descripción, a narración, e a entrevista.  
Adquirir un vocabulario específico básico sobre a pesca.  
. Razonamiento matemático
Aplicar operacións sinxelas, magnitudes, porcentaxes e proporcións, así como de estadística Usar escalas numéricas e gráficas, sistemas de referencia, codificación numérica de informaciones y su representación gráfica.  
. Aprender de forma autónoma ao longo da vida
Desenvolver estratexias para pensar, organizar, memorizar e recuperar información, tales como resúmenes, esquemas ou mapas conceptuales.  

3. Contidos transversais
-    Educación moral e cívica
O estudio das características de certas prácticas pesqueiras  pode aproveitarse para reflexionar sobre as precarias condicións de vida da población que subsiste grazas a estas actividades e fomentar no alumnado a solidariedade coas persoas que sufren escasez de recursos e alimentos.
-    Educación ambiental
A análise dos efectos negativos no medio ambiente de algunhas actividades do sector primario  estimulará nol alumno a conciencia das graves consecuencias que pode ter a sobreexplotación dos recursos naturais do mar e a necesidade de racionalizar o seu uso.

HISTORY OF FISHING

SEMANA DA LITERATURA DE TRADICIÓN ORAL

Na segunda semana de novembro celebramos na Biblioteca a "semana da literatura de tradición oral". Para iso pedímoslles aos alumnos/as   que gravaran aos seus avós, pais, veciños... contando un conto, un refrán, unha anécdota, cantando unha canción...relacionado co tema do proxecto. As gravación
proxectaronse nos recreos desa semana na biblioteca.

  

O POEMA QUE CAEU AO MAR: 2º PRIMARIA

O alumnado de 2º de EP traballou dende a materia de Lingua castela e Educación Plástica e visual a poesía e o mar a súa reinterpretación podese ver a continuación.


A LONGA VIAXE DE GOTIÑA E AREIÑA

O alumnado deste curso procede do centro adscrito e xa dende o inicio do curso motivouselles para a súa participación no proxecto. Así no mes de setembro foron recibidos cun gran mural que representa unha escena no mar no que hai un gran barco e véselles a eles dentro  do barco.


A súa actividade curricular consistiu no descubrimento da formación das praias, as correntes mariñas e a súa influencia no clima. Traballaron cun conto
E fixeron a súa propia reinterpretación do conto, onde amosan os seus coñecementos sobre os contidos traballados merece a pena proceder a lectura do conto polo ben ilustrado e a capaciddae que tiveron para transformar o aprendido en texto.


RECUNCHO AMBIENTAL: DÍA DO LIBRO

DÍA INTERNACIONAL DO TEATRO

O día internacional do teatro, estreamos as dúas obras que neste obradoiro véñense ensaiando dende o inicio do curso relacionadas co proxecto. O texto da obra de primaria podese ler no enlace seguinte “ “A SINGULAR HISTORIA DUN BARCO CHAMADO PRESTIGE” e a obra de secundaria “Conto de NAMAR” .








DÍA DA POESÍA: 2013-14


O día 21 de marzo foi una xornada apretada celebramos o Día Internacional da poesía, e o Día do árbore  ou Día Forestal Mundial.
Comezamos pola mañán cedo co alumnado de secundaria recitando as poesías traballadas na materia de lingua castelá, o gañador foi Hugo Pereira Chamorro de 2º da ESO e esta foi a súa poesía.
Agua de mar
Un náufrago y el mar
Sin nada a mi alrededor,
Perdido en tu cuerpo
Reflejas mi rostro hambriento,
Y yo te regalo un llanto.
No puedo despedirme de ti,
Quizás porque sea un niño,
Quizás porque soy inocente,
Quizás porque este año
No me siento valiente.
Cada hora es un día.
Cada año es un siglo.
Cada mirada es eterna,
Cada vez es peor.
No tengo compañía,
Sólo te tengo a ti.
Rodeas todo mi ser,
Ocupas todos mis sentidos.
Siento que nadie me escucha,
Siento que poco a poco
Mis emociones desaparecen.
De un momento a otro
Ya no te siento
Hugo Pereira Chamorro


Primaria deleitounos co recitado dos alumnos/as de 2º do “ Poema que caeu ao Mar”. O recitado pódese ver no blog do proxecto mediante un vídeo.


A continuación a reinterpretación artísitica que estes alumnos/as fixeron do poema.




Posteriormente os alumnos/as de Primaria procederon a limpeza dos árbores plantados o curso pasado e plantaron novos camelios.









miércoles, 23 de abril de 2014

OS CONS DA COSTA DO VAL MIÑOR

A piques de rematar o proxecto deste curso, empezamos a coñecer os produtos elaborados dende as diferentes materias polo alumnado, así dende a materia de Galego na Educación Secundaria fixeron un traballo de investigación sobre "OS CONS DO VAL MIÑOR"




martes, 1 de abril de 2014

A ENTREVISTA: AS REDEIRAS

Pola situación do noso centro nun pobo onde moitos dos seus habitantes están relacionados co mar e, xa que o noso proxecto anual, moito ten que ver con iso, parecía moi idóneo que se nos mostrasen as interioridades de profesións maioritariamente femininas para renderlles tributo nun día tan especial como é o Día da muller traballadora.
Tres alumnos de 2º de ESO aproveitaron a visita dun grupo de mulleres que viñeron nesta conmemoración a mostrarnos os seus traballos; traballos do mar pero que pouco sabemos deles. Algúns dos nosos alumnos saben diso porque as súas nais son mariscadoras e redeiras, outros porque ven os labores destas mulleres dende pequenos pero, aínda así, un gran grupo non reparamos nos pormenores que estes traballos tan duros encerran.
Día da muller traballadora e bases dun proxecto que se conxugaron para que os nosos coñecementos sexan maiores sobre iso e que tivo como colofón as entrevistas realizadas por estes alumnos a Carmen Chamorro, unha nai dun compañeiro que é redeira.
Para que saibades un pouco máis sobre iso déixovos coas súas entrevistas.