martes, 13 de enero de 2015

NAVEGANDO NAS EMBARCACIÓNS TRADICIONAIS

En recoñecemento ao traballo que o CPI de Panxón ven realizando co proxecto “NÓS SOMOS MAR",  o alumnado de 5º e 6º de primaria do noso centro foi convidado a participar na actividade “NAVEGANDO NAS EMBARCACIÓNS TRADICIONAIS DE GALICIA”.
A actividade organizada polo Centro Tecnolóxico do Mar (CETMAR) e a Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial (FGCMF), contando coa colaboración da Asociación de Mariñeiros de Bouzas, realizouse o día 18 de decembro. O obxectivo da actividade era coñecer  as embarcacións  tradicionais de Galicia e  as artes de pesca que empregaban algunhas delas. Tamén se pretendía que tomaramos conciencia sobre a necesidade de conservar estas embarcacións que, unha vez rematada a súa vida laboral, son reconvertidas para usos culturais, deportivos e de lecer, evitando así a perda destas embarcacións que forman parte do noso patrimonio marítimo.
A actividade tivo un pequeno adianto  o día 17 de decembro no propio colexio, onde o alumnado de 5º e 6º xa recibiu unha introdución sobre as embarcacións nas que navegarían ao día seguinte. A FGCMF tamén elaborou unhas unidades didácticas para esta actividade.
O día 18 ás 9,30 horas o alumnado de 5º e 6º visitaba o CETMAR e no seu salón de actos eran recibido polos seus responsables. Logo recibirían unha charla complementaria á do día anterior sobre as embarcacións tradicionais e as artes de pesca.  A continuación iniciaron un percorrido polo centro  para coñecer algúns dos traballos que se realizan no CETMAR, por exemplo o deseño dunha embarcación de pesca totalmente eléctrica da que puideron  coñecer a súa maqueta. Tamén coñeceron como son as boias oceanográficas que envían continuamente ao CETMAR abundante información sobre a temperatura do mar, ventos, salinidade da auga, correntes, etc.


Ás 11 da maña profes e alumnado estaban na Praia de Bouzas, onde está a Asociación de Mariñeiros de Bouzas. Equipados cos chalecos salvavidas foron distribuídos entre 5 embarcacións tradicionais é seguindo as instrucións dos respectivos patróns puxeron rumbo a Cangas para coñecer á antiga conserveira de Massó, á factoría baleeira e coñecer parte da historia deste complexo industrial relacionado coa pesca e que foi un dos máis importantes de Europa. 

Medios de comunicación que recollen a actividade :
- Vigo última hora
- Atlántico Diario 
- Asociación de mariñeiros Artesanais e Deportivos de Vigo




viernes, 9 de enero de 2015

19 de DECEMBRO: ACTO DE ENTREGA BANDEIRA VERDE

O pasado 19 de decembro, o alcalde de Nigrán, Alberto Valverde Pérez, acompañado pola concelleira de Educación, Carmen Alonso-Macías, o xefe territorial, Cesar A. Pérez Ares, o Inspector de educación, Fernando carrasco e o Coordinador do Programa Ecoescolas en Galicia (ADEAC), José Manuel Fernández, presidiron o acto de entrega da Bandeira Verde á comunidade educativa do noso centro, CPI de Panxón.
O Programa Ecoescolas é unha campaña a nivel internacional que pretende introducir e/ou potenciar a educación ambiental para o desenvolvemento sostible e a xestión e certificación ambiental en centros de Educación Infantil, Primaria e Secundaria.
Trátase dunha iniciativa que implica a toda a comunidade educativa do centro escolar que decide desenvolvelo, así como ás autoridades municipais, xa que se require a súa implicación para que as ideas que se pretenden realizar nos colexios poidan ser levadas á práctica.



Para conseguir a Bandeira Verde...

1.    Formamos un Comité Ambiental no centro con representación de alumnos/as, profesores/as, pais/nais, persoal directivo, administrativo, mantemento, etc.
2. O Comité Ambiental foi o encargado de coordinar a realización dunha Auditoría Ambiental respecto á situación do centro escolar e o seu ámbito en materia ambiental, o que nos axudou  a elaborar os plans de acción que desenvolvemos ao longo destes tres anos, “Do pedernal á fusión I”, “Do pedernal á fusión II” “Nós somos mar” e no cuso actual “Da horta ao prato”nos que sempre se abordaron os tres temas básicos (auga, residuos e enerxía).
3. O Comité Ambiental definíu un Código de Conduta para á comunidade educativa.
4. Os alumnos/as participaron na verificación do grao de cumprimento dos plans de acción, que foron avaliados para optar ao galardón por un Xurado, integrado por membros de ADEAC.
5. A través dos blogs dos proxectos e a web do centro déuselle visibilidade ás diferentes actuacións que fomos desenvolvendo.
6. Bandeira Verde: O centro ademais presentou unha memoria anual á ADEAC durante estes 3 anos, e a asociación considerou que os plans desenvolvéronse satisfactoriamente polo que fomos galardoados por tres anos cun Diploma e unha Bandeira Verde, o que significa un gran recoñecemento para o noso centro.

Beneficios de ser unha Ecoescola

. Un aumento da sensibilidade e concienciación ambiental, o que nos axuda a comprender a importancia do que se aprende na aula.
. Un ámbito escolar mellor: os alumnos/as, e o resto do persoal podemos traballar xuntos en temas como a redución de residuos e conducir o centro escolar por un camiño consciente ambientalmente.
. Implicación da Comunidade Local: as autoridades locais, organizacións e empresas teñen experiencia na xestión ambiental e poden estar dispostas e/ou desexosas de cooperar coa iniciativa da 
Ecoescola.
. Aforros económicos: as accións emprendidas grazas á campaña poden conducir a aforros. Por exemplo, nas facturas do consumo de electricidade e de auga.
. Contactos internacionais:  podemos crear vínculos con outras Ecoescolas do propio país e/ou de calquera outro implicado na Campaña.

Con este Galardón Bandeira Verde de Ecoescola, os  alumnos/as e toda a comunidade educativa que integramos o programa, queremos renovar o noso compromiso co Medio achegando o noso graniño de area no noso ámbito máis preto, que é o noso colexio, facendo del un lugar sostible.

A Bandeira ¡ Xa está na casa!!


A continuación podedes ver a programación que desenvolvemos durante a xornada de entrega da Bandeira, os actos constituiron unha día de festa no centro.






A entrega da Bandeira  nos diferentes medios:
Faro de Vigo
Baiona TV
Ediciones Basan
Xornal GaliciaSur

martes, 9 de diciembre de 2014

INVENTORES DE GRAN VALÍA

Os alumnos de 1º empregaron os seus dotes creativos para inventar e deseñar todo tipo de instrumentos para o noso horto.

Nas clases de lingua aprenderon a elaborar as instrucións que serán necesarias para que os seus dispositivos sexan coñecidos e empregados. Innovacións tecnolóxicas que dende o curso de primeiro poñen a disposición do Proxecto deste ano: Dá horta ao prato.

viernes, 5 de diciembre de 2014

O SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MAR

O luns  día 1 de decembro o alumnado de primaria do noso colexio participo na actividade “O SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MAR”. Este programa da Consellería do Mar para fomentar o consumo do peixe fresco entre o alumnado dos colexios de Galicia está moi relacionado con dous proxectos que vimos traballando no colexio dende o ano pasado: ALIMENTA-T e NÓS SOMOS MAR.

A actividade foi moi divertida porque iniciou cunha pequena obra de teatro na que o mariñeiro Luís explicaba o difícil que é pescar nos nosos días pola contaminación dos mares e por non ter respetado as tallas mínimas na pesca. Logo seguiu a actividade cunha serie de xogos nos que o alumnado repartidos en tres equipos aprenderon moitas cousas sobre o mundo da pesca e sobre a importancia da presenza do peixe na dieta polas súas importantes propiedades nutritivas.

A actividade continuo ao día seguinte, o martes, xa que o alumnado de 4º,5º, e 6º de primaria foron visitar a Lonxa de Vigo e o Museo do Mar de Galicia, realizando a comida na propia lonxa, degustando un xantar realizado a base de produtos do mar. O martes día 16 de decembro será o alumnado de 1º,2º e 3º de primaria o que realizará a visita á Lonxa e máis ao Museo.





jueves, 4 de diciembre de 2014

FARMACIA NATURAL


http://www.educabarrie.org/proyectos/educaciencia?sw=all#target=


Dentro do noso proxecto "Da Horta ao parto", participamos no Proxecto de Ciencia na Aula 2014 da Fundación Barrié. 
A Farmacia natural é un proxecto para o achegamento dos alumnos/as á investigación botánica e a súa utilización con fins mediciñais. As actividades do proxecto  realizaranse entre o 1 de marzo e o 31 de maio de 2015.

Traballaremos A Competencia Matemática: Códigos QR, medición de lonxitude da pranta, cantidade de auga...., A competencia de coñecemento e interacción co mundo físico: convertendo os sucesos cotiás en obxecto de observación e investigación, observando o crecemento e os cambios das semillas, así como estabrecer responsabilidades individuais e en grupo do coidado das prantas.


SETAS NO CORREDOR