martes, 13 de enero de 2015

NAVEGANDO NAS EMBARCACIÓNS TRADICIONAIS

En recoñecemento ao traballo que o CPI de Panxón ven realizando co proxecto “NÓS SOMOS MAR",  o alumnado de 5º e 6º de primaria do noso centro foi convidado a participar na actividade “NAVEGANDO NAS EMBARCACIÓNS TRADICIONAIS DE GALICIA”.
A actividade organizada polo Centro Tecnolóxico do Mar (CETMAR) e a Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial (FGCMF), contando coa colaboración da Asociación de Mariñeiros de Bouzas, realizouse o día 18 de decembro. O obxectivo da actividade era coñecer  as embarcacións  tradicionais de Galicia e  as artes de pesca que empregaban algunhas delas. Tamén se pretendía que tomaramos conciencia sobre a necesidade de conservar estas embarcacións que, unha vez rematada a súa vida laboral, son reconvertidas para usos culturais, deportivos e de lecer, evitando así a perda destas embarcacións que forman parte do noso patrimonio marítimo.
A actividade tivo un pequeno adianto  o día 17 de decembro no propio colexio, onde o alumnado de 5º e 6º xa recibiu unha introdución sobre as embarcacións nas que navegarían ao día seguinte. A FGCMF tamén elaborou unhas unidades didácticas para esta actividade.
O día 18 ás 9,30 horas o alumnado de 5º e 6º visitaba o CETMAR e no seu salón de actos eran recibido polos seus responsables. Logo recibirían unha charla complementaria á do día anterior sobre as embarcacións tradicionais e as artes de pesca.  A continuación iniciaron un percorrido polo centro  para coñecer algúns dos traballos que se realizan no CETMAR, por exemplo o deseño dunha embarcación de pesca totalmente eléctrica da que puideron  coñecer a súa maqueta. Tamén coñeceron como son as boias oceanográficas que envían continuamente ao CETMAR abundante información sobre a temperatura do mar, ventos, salinidade da auga, correntes, etc.


Ás 11 da maña profes e alumnado estaban na Praia de Bouzas, onde está a Asociación de Mariñeiros de Bouzas. Equipados cos chalecos salvavidas foron distribuídos entre 5 embarcacións tradicionais é seguindo as instrucións dos respectivos patróns puxeron rumbo a Cangas para coñecer á antiga conserveira de Massó, á factoría baleeira e coñecer parte da historia deste complexo industrial relacionado coa pesca e que foi un dos máis importantes de Europa. 

Medios de comunicación que recollen a actividade :
- Vigo última hora
- Atlántico Diario 
- Asociación de mariñeiros Artesanais e Deportivos de Vigo




No hay comentarios:

Publicar un comentario