jueves, 17 de mayo de 2012

ARRANXO DAS AULAS

Como dixemos na presentación do proxecto unha das tarefas importantes que tiñamos que levar a cabo era o pintado e arranxo das aulas. Pois xa esta feito¡¡¡¡, contamos coa colaboración de toda a nosa Comunidade educativa (pais e nais, alumnos/as, profesorado..) e dende esta páxina queremos darvos as grazas a todos/as polo voso esforzo e colaboración no mantemento do centro.
Non esquezades que a clase mellor coidada de Primaria e Secundaria recibirán como premio un vinillo decorativo para o aula, está dificil¡¡¡¡, mirade como quedou a clase de 3º de EP.

A continuación colgo as fotos deses días, non estamos todos/as porque é imposible estar en todos os sitios ao mesmo tempo, pero é unha mostra bastante representativa. Esperamos que vos gusten¡¡¡¡¡


No hay comentarios:

Publicar un comentario