lunes, 14 de enero de 2013

ABRE O CENTRO DE INTERPRETACIÓN: PARQUE NACIONAL ILLAS ATLÁNTICAS

Desde este Nadal o edificio Cambón, na zona vella de Vigo, mantén abertas as portas do “Centro de Interpretación da Natureza do Parque Nacional Illas Atlánticas“. Un centro divulgativo que chega con varios anos de atraso respecto ao previsto e que por fin se abre ao público e que conta cunha superficie útil de case 1.400 metros cadrados, dos cales a metade son destinados ao uso interpretativo.

O local distribúese en seis plantas e conta con salón de actos, salas interpretativas, un aula con capacidade para 56 persoas, biblioteca e catro cabinas, unha por cada unha das catro illas do Parque: Cíes, Sálvora, Ons e Cortegada. Os contidos expositivos artéllanse ademais arredor de catro dimensións diferentes das illas: O líquido (auga, mar e mareas); o sólido (rochas, illa, flora, fauna e historia); o aire (vento, aves e son) e a luz (sol, bruma, cor)

Está aberto de martes a sábado en horario de 11 a 14 horas pola mañá e de 16h30 a 19h30 pola tarde.

No hay comentarios:

Publicar un comentario