martes, 27 de marzo de 2012

VISITA DO ALUMNADO DE PRIMARIA AOS MUIÑOS DO FOLÓN E DO PICÓN

O alumnado de Primaria participou hoxe 26 de marzo nunha ruta guíada polos 67 muíños hidráulicos na vila do Rosal, estes datan dos séculos XVII e XVIII e foron declarados Ben de Interese Cultural en 1998. O profesorado e o alumnado recorreron en total 3,5 Km como verdadeiros campeóns. No primeiro muiño do Folón, o "das Laxes" veron unha demostración de moenda para admirar a conversión do miño en fariña e a explicación do seu funcionamento.
O que mais nos sorprendeu foi o último sector de 22 muiños, tanto pola súa disposición como pola paisaxe que poidemos presenciar, están situados un tras outro en forma de escaleira para aproveitar o paso da auga e aumentala súa forza motriz. Na seguinte presentación podemos disfrutalos de novo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario