jueves, 8 de noviembre de 2012

CULTIVAMOS HIDROPÓNICOS NOS INVERNADOIROS

Este curso como novidade, estamos montando coa colaboración do alumnado de 5º de EP e cos alumnos/as de 4º da ESO nos invernadoiros un Proxecto de creación de cultivos hidropónicos, estes permitirannnos obter hortalizas, herbas aromáticas e flores todo o ano en pequenos espacios, sen grandes esforzos físicos, coa reutilización da auga de rego e aproveitando materiais de reciclaxe. 

 Obxectivos da actividade:
. Recoñecer a necesidade de elementos esenciais para o crecemento das plantas.
. Potenciar a colaboración e o reparto de tarefas.
. Obtención dunha colleita ecolóxica de maneira limpa e sinxela, aproveitando os invernadoiros.


 Esta técnica é unha maneira práctica e divertida de aplicar os coñecementos adquiridos.  

Descripción da actividade:
 Planificación e montaxe nos invernadoiros dos cultivos hidropónicos e o seu seguimento ata a obtención da colleita.

No hay comentarios:

Publicar un comentario