miércoles, 7 de noviembre de 2012

TAPÓNS SOLIDARIOS

 O noso centro incorporase este ano ao PROXECTO DE RECOLLIDA DE TAPÓNS SOLIDARIOS, colaborando coa iniciativa solidaria 'Banco de Tapóns do Baixo Miño', un ambicioso proxecto cuxo único fin é axudar ao máximo número posible de nenos/as que o necesiten. O Banco nace a partir dunha iniciativa ciudadá, que consiste no reciclaxe, a clasificación, o empaquetado e posteriormente o envío de ditos tapóns á empresa que os compra para finalmente enviar ese diñeiro directamente a familias sen medios económicos que teñen algún fillo/a cunha enfermidade, discapacidade, minusvalía ou outro problema ao que non lle poden facer frente económicamente.
Para iso o alumnado preparou un cartaz e un contenedor para a recollida.
ASÍ QUE XA SABEDES, "PODEDES TRAER TODOS OS TAPÓNS DE PLÁSTICO AO COLE". GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN

No hay comentarios:

Publicar un comentario