jueves, 28 de noviembre de 2013

UN ANO MAIS APRENDEMOS CON SEPRONA

Co obxectivo de concienciar ao alumnado sobre as graves consecuencias que teñen os lumes forestais nos ecosistemas galegos, e ofrecerlles recomendacións útiles sobre a prevención destes incendios, que cada ano asolan centos e miles, de hectáreas de monte, o Sarxento José Braña Rodríguez e o Garda Civil Álvaro Sarabia Bugallo espuxeronnos en que consiste o seu traballo, como o realizan e a importancia da prevención nos lumes, así como as diversas maneiras en como podemos axudar para que isto non ocorra ao menos por motivos de descoñecemento.

Estiveron toda a mañá xa que primeiro traballaron cos pequenos de primaria (1º, 2º e 3º) , despois foron os 4º, 5º e 6º e xa finalmente os maiores da ESO. Todos saímos moi satisfeitos da exposición e moi sorprendidos do seu traballo. Queremos dicirlles que non esqueceremos nada do que aprendemos e que poñeremos da nosa parte para facilitarlles o traballo.

Dámoslles as grazas pola súa visita e esperamos velos de novo polo noso centro, tamén queremos dar as grazas a VOZ NATURA por facelo posible.

UN ANO MAÍS APRENDEMOS CON SEPRONA on PhotoPeach

No hay comentarios:

Publicar un comentario