Despois do día adicado ao entroido, de nove están os KaleidoLabs en Panxon. Hoxe ademais visitounos Manuel Vicente do programa Efervesciencia da Radio Galega. Estivo presenciando as Gravacións e entrevistou aos alumnos/as de 6º de EP que lles tocaba gravar e facer os Story-board que proximamente subiremos, estade atentos por que son unha pasada, propios de verdadeiros artistas.
jueves, 27 de febrero de 2014
PASARÚAS POR PANXÓN CO NOSO ENTROIDOMAR
Este ano adiantamos o entroido, ante o temor as inclemencias do tempo e a necesidade de asegurar o sol tan escaso este ano na nosa terra. O día marabilloso do que desfrutamos podedes velo na seguinte presentación. TAMÉN PODEDES LER E VER IMAXENES NO ESPAZO QUE A VOZ DE GALICIA ADICA AO NOSO ENTROIDO
MONTANDO O ENTROIDOMAR
Ao longo deste mes entre as múltiples actividades que desenvolvemos no CPI de Panxón relacionadas co Proxecto "Nós SOMOS MAR", resaltamos a actividade do Entroido, mentres as familias co obradoiro de costura estiveron a facer disfraces, alumnado e profesorado en obradoiros de tarde e nas clases de Tecnoloxía e Plástica, construiron as carrozas e os decorados, destas destacamos un cabaliño de mar de 3 metros de altura e un pulpo articulado que casou sensación co seu movemento.
miércoles, 26 de febrero de 2014
SEGUEN AS GRAVACIÓNS E COMEZAN OS STORY-BOARD DAS SESIÓNS DE GRAVACIÓN
Continuamos no CPI coa maravillosa experiencia de aprendizaxe dos KaleidoLabs, cada día está a gravar un curso e con 4º comezaron os Story-Board das sesións, compartimos con vós o inicio desta actividade e proximamente colgaremos moitos mais.
sábado, 22 de febrero de 2014
ACCIÓN¡¡¡¡
A palabra máxica ACCIÓN comezou a escoitarse esta mañá no Salón de actos do CPI de Panxón, o alumnado de 3º de EP cos titeres realizados por eles mesmos foron os encargados das primeiras esceas do rodaxe. Toda una experiencia de aprendizaxe¡¡¡¡¡
viernes, 21 de febrero de 2014
OBRADOIRO DE FAMILIAS: DISFRACES ENTROIDO
As familias involucradas a fondo no proxecto¡¡¡¡ están a facer obradoiros de confección para a elaboración dos disfraces relacionados coa temática do proxecto.
1º ciclo de Primaria: Peixes
3º EP: Vieiras e Mexillóns
4º EP: Calamares
5º EP: Algas marinas
6º EP: Polvos
Para conseguilo organizamos os obradoiros co seguinte horario.
1º ciclo de Primaria: Peixes
3º EP: Vieiras e Mexillóns
4º EP: Calamares
5º EP: Algas marinas
6º EP: Polvos
Para conseguilo organizamos os obradoiros co seguinte horario.
VOZ NATURA FALA DO NOSO PROXECTO "NÓS SOMOS MAR"
VOZ NATURA no seu Blog maestro adica unha entrada ao noso proxecto "NÓS SOMOS MAR" pola participación no programa do CSIC KaleidoLabs, co obxectivo de divulgar a ciencia mariña e dar a coñecer o traballo do Instituto de Investigacións Mariñas, IIM Vigo.
A través de tres laboratorios: “Valoriz@Lab”, Dibu@Lab e Foto@Lab.
miércoles, 19 de febrero de 2014
QUE SE COCE HOXE NO KALEIDOLABS : Valoriz@lab
Hoxe están a traballar os alumnos/as d e 3º e 4º de Primaria, a súa tarefa consiste en construir con materiais de refugallo das praias, cabaliños grandes, medianos e pequenos, bebés minúculos, pingüins, polvos, chocos, Chip colar para cabaliño, Chip para marcar peixe, cangrexos, peixes variados, peixes moros con mal aspecto, larvas cefalópodo, bactrias boas e malas, ovos de galo.....etc.
PARA ENDULZARVOS O DÍA, MIRADE QUE MARAVILLA DE POLVOS.
Mañá mais¡¡¡¡¡¡¡
NÓS SOMOS MAR E KaleidoLabs sae na PRENSA
Ao longo desta semana o centro ven saído na prensa pola súa participación no proxecto Kaleidolabas cos seguintes artículos.
OS ESCOLARES D EPANXÓN TRANSFORMAN RESIDUOS MARIÑOS EN TÍTERES (A VOZ DE GALICIA)
O CSISC BUSCA CANTEIRA NO CPI de PANXÓN (FARO DE VIGO)
O MEDIO MARIÑO PROTAGONISTA NO CPI de PANXÓN (ATLÁNTICO)
Diatomeas, cámara submarina, microscopio e ata un autoclave de vapor son algúns dos resultados da xornada d eonte 18 de febreiro. Que vos parecen?
OS ESCOLARES D EPANXÓN TRANSFORMAN RESIDUOS MARIÑOS EN TÍTERES (A VOZ DE GALICIA)
O CSISC BUSCA CANTEIRA NO CPI de PANXÓN (FARO DE VIGO)
O MEDIO MARIÑO PROTAGONISTA NO CPI de PANXÓN (ATLÁNTICO)
Valorizaaaaannnndoooo!!!!
Seguimos dándolle valor aos materiais que chegan ás praias do Val Miñor cos Obradoiros do proxecto Kaleid@labs que organiza el IIM - CSIC no CPI¡¡¡¡
Mirade que construiron l@s de 6° coa axuda das monitoras de Babaluva!
REDES DE BONGO LISTAS NOS APARELLOS DO BUQUE
OBRADOIRO KALEIDOLABS : Elaboración do atrezzo para o corto
Dende o día 17 e ata o 26 de febreiro de 10 a 14 horas o alumnado de primaria atopase inmerso no proxecto "NÓS SOMOS MAR" traballando cos científicos do CSIC e o grupo co seu proxecto KaleidoLabs xunto con eles pretendemos achegar o medio mariño ao noso colectivo escolar mediante un curto no que os protagonistas sexan monicreques fabricados por eles mesmos a partir de rodas, rolos de tea, culleres, botellas ou tubos, este é uns dos obxectivos que ten o laboratorio "Valoriz@Lab" e no que participan os alumnos de 3º e 6º de primaria do colexio . Ademais colaborarán activamente en todos os procesos necesarios para realizar a peza audiovisual, co que unha vez finalizada a construción dos bonecos se procederá a elaborar o guión, o "story board" e ensinaráselles a manexar os monicreques para que sexan os alumnos os que os articulen durante a gravación. Ademais formularán posibilidades para manter un equilibrio ambiental, social e económico.
Ata
agora estivo a traballar no proxecto o alumnado de 5º e 6º de EP,
podedes ver na presentación as maravillas que realizaron, eles
encargaronse de realizar o ATREZZO: Fondos mariños con algas e
vexetación para que agarren as colas, os caliños e desoven os
cefalópodos, 1 buque oceonográfico, roseta CTD con mecanismo de
apertura, microscopio a escala maruxía, cámara de vídeo submarina, barco
de recreo con áncora, 1 áncora a escala co fondo marño, grúa redes de
bongo, grúa con ramallos de pinos cunha pedra atada, panel de medición
con marcador de profundidades e temperatura, tres trozos de xeo: grande,
mediano e pequeno a escala cos pingüins, Fábricas, Barco pesqueiro con
redes que poidan coller moitos peces a escala, trincheira, ovos de
polbo, bateas con cordadas de mexilóns, Mexillóns con casca e sen casca a
escala Maruxía, Maquina de autoclave na que se pode abrir porta e meter
3 latas.Previamente a actividade práctica recibiron unha charla na que a
cientifica do CSIC Luisa .
viernes, 7 de febrero de 2014
PARTICIPAMOS EN KALEIDOLABS

Estamos de enhoraboa, participamos neste fermoso proxecto¡¡ (dentro do proxecto "NOS SOMOS MAR"). Kaleidolabs é un proxecto coordinado polo Instituto de Investigacións Mariñas (CSIC) e financiado pola Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía- Ministerio de Economía e Competitividade. O obxectivo do proxecto é acercar en tono didáctico e divulgativo o mundo mariño e a investigación mariña a diversos públicos, a través da realización de varias actividades paralelas (Laboratorios) nos que as imáxenes, debuxos, títeres, música, xoguetes,…se converten en medios de divulgación.
Iremos contando como imos desenvolvendo as actividades e obradoiros deste proxecto.
jueves, 6 de febrero de 2014
miércoles, 5 de febrero de 2014
A VOZ DE PANXÓN: NOTICIAS DE XANEIRO
Xa saíu á luz a primeira publicación da Voz de Panxón. Os xornalistas dannos a coñecer as noticias que atoparon e traballaron que versaban sobre o mar. O mal tempo trouxo, ademais da choiva, o vento...moitas das noticias deste mes. En febreiro espero que poidades informarme acerca dun mundo marítimo que non sexa noticia polos desastres que a súa bravura provoca cando un temporal o anoxa.
domingo, 2 de febrero de 2014
MIL BARQUIÑAS DE PAZ
Este ano celebramos o día da PAZ dunha maneira moi especial, os mestres/as leváronnos ao salón de actos e alí estaba "Palmira", unha rapaza de Sardiñeiro, unha vila mariñeira do concello de Fisterra rodeada de barquiñas, sentámonos en circulo e presentouse, díxonos que un día mirando pola ventá da súa casa veu o mar cheo de barquiñas e empezou a soñar con encher a praia do seu pobo de barquiñas de papel....." . Podedes ver en que consistíu a actividade na seguinte presentación.
Agora que xa vistes como disfrutamos, contovos como o fixemos:Primeiro Palmira ensinounos a facer unha barquiña de papel e leu un poema do libro:
Patente de Corso do autor da Costa da Morte Rafa Villar.
Depois presentounos o conto "LA OLA" de Suzy Lee, o libro non ten texto porque sobran as palabras cando nos atopamos ante debuxos que falan por si solos, Palmira coa súa creatividade fixo que cada un de nós contruíramos a nosa propia historia.
"e como xa tíñamos un barco, Palmira dixo que xa podíamos ir pasear a ver peixes..." fixo un peixe de papel e contounos dous contos sobre dous peixes xeniais:
EL ARENQUE ROJO de Gonzalo Moure, que fala de saber ollar o mundo, non so cara unha dirección, senón de abrir ben os ollos, e ver con amplitude as cousas, que cada persoa que anda o noso redor ten unha historia.
O outro conto de peixes foi : "EL PEZ QUE SONREÍA" DE JIMMY LIAO ,parece mentira como un ser tan pequeno, aparentamente alleo ao que sucede maís alá do cristal da súa pecera e capaz de cautivar e cambiar a vida das persoas.
E para rematar a sesión contou o conto popular xaponés da As 1000 grullas e a historia de Sadako, que estableciu que en xapón o símbolo da paz sexa unha grulla de papel e porsuposto ensinounos a facer grullas de papel.
Grazas Palmira por facernos disfrutar tanto con contos tan fermosos¡¡¡¡¡¡
Suscribirse a:
Entradas (Atom)