domingo, 2 de febrero de 2014

MIL BARQUIÑAS DE PAZ

Este ano celebramos o día da PAZ dunha maneira moi especial, os mestres/as leváronnos ao salón de actos e alí estaba "Palmira", unha rapaza de Sardiñeiro, unha vila mariñeira do concello de Fisterra rodeada de barquiñas, sentámonos en circulo e presentouse, díxonos que un día mirando pola ventá da súa casa veu o mar cheo de barquiñas e empezou a soñar con encher a praia do seu pobo de barquiñas de papel....." . Podedes ver en que consistíu a actividade na seguinte presentación.
Agora que xa vistes como disfrutamos, contovos como o fixemos:Primeiro Palmira ensinounos a facer unha barquiña de papel e leu un poema do libro:
Patente de Corso do autor da Costa da Morte Rafa Villar.

 

Depois presentounos o conto "LA OLA" de Suzy Lee, o libro non ten texto porque sobran as palabras cando nos atopamos ante debuxos que falan por si solos, Palmira coa súa creatividade fixo que cada un de nós contruíramos a nosa propia historia.

 "e como  xa tíñamos un barco, Palmira dixo que xa podíamos  ir pasear a ver peixes..." fixo un peixe de papel e contounos  dous contos sobre dous peixes xeniais:

EL ARENQUE ROJO de Gonzalo Moure, que fala de saber ollar o mundo, non so cara unha dirección, senón de abrir ben os ollos, e ver con amplitude as cousas, que cada persoa que anda o noso redor ten unha historia.


   
O outro conto de peixes foi : "EL PEZ QUE SONREÍA" DE JIMMY LIAO ,parece mentira como un ser tan pequeno, aparentamente alleo ao que sucede maís alá do cristal da súa pecera e capaz de cautivar e cambiar a vida das persoas.



 E para rematar a sesión contou o conto popular xaponés da As 1000 grullas e a historia de Sadako, que estableciu que en xapón o símbolo da paz sexa unha grulla de papel e porsuposto ensinounos a facer grullas de papel.

 

 Grazas Palmira por facernos disfrutar tanto con contos tan fermosos¡¡¡¡¡¡

1 comentario:

  1. Graciñas a vos por convidarme, estiven moi a gusto e paseino moi ben, e xa sabedes que vin namoradísima do voso cole e do traballo que alí había! Unha aperta!

    ResponderEliminar