miércoles, 19 de febrero de 2014

OBRADOIRO KALEIDOLABS : Elaboración do atrezzo para o corto

Dende o día 17 e ata o 26 de febreiro de 10 a 14 horas o alumnado de primaria atopase inmerso no proxecto "NÓS SOMOS MAR" traballando cos científicos do CSIC e o grupo co seu proxecto KaleidoLabs xunto con eles pretendemos achegar o medio mariño ao noso colectivo escolar mediante un curto no que os protagonistas sexan monicreques fabricados por eles mesmos a partir de rodas, rolos de tea, culleres, botellas ou tubos, este é uns dos obxectivos que ten o laboratorio "Valoriz@Lab" e no que participan os alumnos de 3º e 6º de primaria do colexio . Ademais colaborarán activamente en todos os procesos necesarios para realizar a peza audiovisual, co que unha vez finalizada a construción dos bonecos se procederá a elaborar o guión, o "story board" e ensinaráselles a manexar os monicreques para que sexan os alumnos os que os articulen durante a gravación. Ademais formularán posibilidades para manter un equilibrio ambiental, social e económico.
 Ata agora estivo a traballar no proxecto o alumnado de 5º e 6º de EP, podedes ver na presentación as maravillas que realizaron, eles encargaronse de realizar o ATREZZO: Fondos mariños con algas e vexetación para que agarren as colas, os caliños e desoven os cefalópodos, 1 buque oceonográfico, roseta CTD con mecanismo de apertura, microscopio a escala maruxía, cámara de vídeo submarina, barco de recreo con áncora, 1 áncora a escala co fondo marño, grúa redes de bongo, grúa con ramallos de pinos cunha pedra atada, panel de medición con marcador de profundidades e temperatura, tres trozos de xeo: grande, mediano e pequeno a escala cos pingüins, Fábricas, Barco pesqueiro con redes que poidan coller moitos peces a escala, trincheira, ovos de polbo, bateas con cordadas de mexilóns, Mexillóns con casca e sen casca a escala Maruxía, Maquina de autoclave na que se pode abrir porta e meter 3 latas.Previamente a actividade práctica recibiron unha charla na que a cientifica do CSIC Luisa .

No hay comentarios:

Publicar un comentario