Mostrando entradas con la etiqueta 3º EP. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta 3º EP. Mostrar todas las entradas

martes, 29 de abril de 2014

ESPECIES EXPLOTABLES NA COSTA

A historia de Galicia non se entende se non se relaciona coa pesca, e a pesca non sería o mesmo se non fora polos galegos arredor dos mares. A nosa comunidade ten nas súas rías unha das costas máis produtivas do mundo na que o ser humano a través dos séculos foi capaz de explotar e, a día de hoxe, en maior cantidade pero co cumprimento da normativa (tallas mínimas para a súa pesca, distintas cotas de recolección de peixes e mariscos...) e de xeito máis racional. O alumnado de 3º, elaborou guías dás principais especies explotables na nosa costa, indicando a súa morfoloxía, ou seu hábitat, a talla mínima para pescalo e ás artes de como se capturan estas especies.

  A ANGUÍA


 A ESTRELA


 PEZ LUNA


FOCA



 O CARANGUEXO

 O SAN MARTIÑO
 OURIZO DE MAR
 PEIXE PALLASO

 RAIA

TIBURÓN

domingo, 12 de mayo de 2013

3º EP AUGAS LIMPAS: COMO FUNCIONA UNHA DEPURADORA


O día 9 de abril realizouse este obradoiro especifico para traballar sobre o Ano Internacional da Cooperación na esfera da Auga. Consistiu na demostración do funcionamento dun EDAR (Estación depuradora de augas residuais) mediante a construción dunha maqueta funcional.
Obxectivos:
- Recoñecer e valorar a importancia da auga como recurso e para a vida.
- Analizar a problemática da contaminación da auga e identificar os usos e abusos domésticos.
- Orientar as actitudes do uso da auga cara outras que fomenten o aforro e o uso mais ecolóxico e racional.
- Investigar e recoñecer a ruta que segue a auga na nosa vila, dende a súa captación ate a devolución ao ciclo da natureza.
- Coñecer como funciona unha depuradora (EDAR) e os diferentes sistemas de depuración.

domingo, 28 de abril de 2013

3º PRIMARIA: O CICLO DA AUGA-EXPERIMENTAMOS COA AUGA


O alumnado de 3º de educación primaria e entendendo que neste proxecto non debiamos esquecer que este ano celébrase O Ano Internacional da Cooperación na Esfera da auga  traballou e profundizou sobre a importancia que ten a auga e o seu coidado para o noso planeta.
Obxectivos:

  •      Recoñecer e valorar a importancia da auga como recurso e para a vida.
  •     Analizar a problemática da contaminación da auga e identificar os usos e abusos domésticos.   
  • Orientar as actitudes do uso da auga cara outras que fomenten o aforro e o uso mais ecolóxico
  •    Investigar e recoñecer a ruta que segue a auga na nosa vila, dende a súa captación ate a devolución ao ciclo da natureza.
  •       Coñecer unha depuradora e os diferentes sistemas de depuración.

Tarefas
-          Desenvolvemento da actividade LIM creada polo profesorado “VIAXAMOS POLO CICLO DO AUGA”
-          Conferencia sobre a auga impartida pola ONG “Mas Unidas”
-          Experimentos co a auga
-          Sedimentación e transporte de materias
-          Flotación
-          O Ciclo da auga
-          Obradoiro “Como funciona unha depuradora”
-          - Elaboración dun vídeo cos experimentos realizados