Mostrando entradas con la etiqueta Reciclando materiais. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Reciclando materiais. Mostrar todas las entradas
jueves, 6 de febrero de 2014
jueves, 23 de enero de 2014
domingo, 7 de abril de 2013
GUÍA DOS SÍMBOLOS DE RECICLAXE
Coñecer o significado dos símbolos de reciclaxe é fundamental para dar un correcto tratamento aos residuos e evitar así os vertidos que perxudican o sistema de reciclaxe.
Esta guía dos símbolos de reciclaxe é como un pequeno diccionario dos símbolos, logos e cores según a tipoloxía do residuo; cartón, plástico, vidro, metal, aparatos electrónicos....
sábado, 22 de diciembre de 2012
PREMIOS ÁRBORES DE NADAL ECOLÓXICOS
Hoxe unha comisión formada por profesorado de primaria e de secundaria, valorou os árbores presentados a concurso, resultando gañadores o árbore correspondente a 1º de EP e o árbore de 3º da ESO.
GAÑADORES
DIPLOMAS ENTREGADOS
GAÑADORES
miércoles, 19 de diciembre de 2012
UNETE A ECONAVIDADE E PARTICIPA COAS TÚAS ECOIDEAS
de aulas creativas
Como podemos celebrar unha Navidade máis ecolóxica? É posible dar un novo uso aos embalaxes e residuos que xeramos nesta época? Que pequenas accións podemos emprender dende a escola, dende os noso fogares, a nosa cidade,... para celebrar unhas festas máis sostibles?
jueves, 6 de diciembre de 2012
O NOSO PUNTO DE RECICLAXE AUMENTA, XA TEMOS APLASTALATAS
Grazas a este práctico e sinxelo invento podemos aplastar as nosas latas usadas de maneira que ocupen menos volumen.
jueves, 8 de noviembre de 2012
OBRADOIRO DE RECICLAXE DE PAPEL EN PRIMARIA
O alumnado de EP estivo aprendendo a reciclar papel, despois do proceso de reciclaxe e co pael obtido aprenderan as froitas do outono, elaborando as froitas como decoración do outono, coñecendo as súas propiedades e degustandoas na festa do Magosto o día 9 de novembro.
miércoles, 7 de noviembre de 2012
MANS LIMPAS ¡SALVAN VIDAS!
1ª CAMPAÑA CURSO 2012-13 (15 de outubro)
OBXECTIVO: Recolectar xabón para a súa posterior distribución en países sen recursos.
Contexto:
Personas
sen recursos en todo o mundo, morren cada día a causa de infeccións
respiratorias agudas e enfermidades diarreicas, provocadas polas
condicións hixiénicas nas que viven. Cada ano, mais de 5 millóns de
vidas perdense por culpa destas enfermidades. Deles 3,5 millós son
nenos/as menores de cinco anos de idade.
O lavado de mans con auga e xabón é unha das maneiras mais efectivas e baratas de previr estas enfermidades. O lavado de mans tamén pode previr infeccións cutáneas, infeccions oculares, parásitos, intestinais, gripe aviar e influenza AH1/N1 , SRAS e mellora a calidade de vida de persoas afectadas de VIH/SIDA.O lavado de mans é efectivo en previr la transmisión de enfermidades incluso en asentamentos pobres altamente poblados ou contaminados.
Por desgracia, o acceso ao xabón non é sempre fácil en moitos lugares do mundo.
O lavado de mans con auga e xabón é unha das maneiras mais efectivas e baratas de previr estas enfermidades. O lavado de mans tamén pode previr infeccións cutáneas, infeccions oculares, parásitos, intestinais, gripe aviar e influenza AH1/N1 , SRAS e mellora a calidade de vida de persoas afectadas de VIH/SIDA.O lavado de mans é efectivo en previr la transmisión de enfermidades incluso en asentamentos pobres altamente poblados ou contaminados.
Por desgracia, o acceso ao xabón non é sempre fácil en moitos lugares do mundo.
Qué necesitamos?
Pastillas de xabón novas de calquera forma, tamaño ou procedencia (mostras, regalos, compras, hoteleras...) ou xabón líquido.
Como podes colaborar?
Doando ou recolectando xabóns, informando con carteis, folletos, divulgando, con apoio loxístico ou material ou de calquera outra forma.
Que se fai co xabón recolectado?
O xabón recollido clasificase, tratase e almacenase ata súa distribución nos lugares onde se necesite.
Enlaces relacionados informativos:
http://www.unicef.es/node/6264?idtemplate=1
http://www.globalhandwashingday.org/Global_Handwashing_Day_2nd_Edition_espa.pdf
http://www.cleantheworld.org
TAPÓNS SOLIDARIOS
O noso centro incorporase este ano ao PROXECTO DE RECOLLIDA DE TAPÓNS SOLIDARIOS, colaborando coa iniciativa solidaria 'Banco de Tapóns do Baixo Miño', un ambicioso proxecto cuxo único fin é axudar ao máximo número posible de nenos/as que o necesiten. O Banco nace a partir dunha iniciativa ciudadá, que consiste no reciclaxe, a clasificación, o empaquetado e posteriormente o envío de ditos tapóns á empresa que os compra para finalmente enviar ese diñeiro directamente a familias sen medios económicos que teñen algún fillo/a cunha enfermidade, discapacidade, minusvalía ou outro problema ao que non lle poden facer frente económicamente.
Para iso o alumnado preparou un cartaz e un contenedor para a recollida.ASÍ QUE XA SABEDES, "PODEDES TRAER TODOS OS TAPÓNS DE PLÁSTICO AO COLE". GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN
ESCRIBES LOGO PODES RECICLAR
Calquera
bolígrafo, pluma, rotulador, corrector, marcador fluorescente, etc… sen
importar a marca ou o material, xa é recollido no noso centro para reciclar, nas imaxes podedes ver o punto escollido para realizalo e o traballo realizado polo alumnado de 2º da ESO, non ten perda seguro que o atopades.
PUNTO DE RECICLAXE BOLIGRAFOS on PhotoPeach
PUNTO DE RECICLAXE BOLIGRAFOS on PhotoPeach
RECICLAMOS: PUNTOS IMPORTANTES NO COLEXIO
Ultimamente
estivemos deseñando os cartaces para sinalar os puntos importantes do
noso ECOCOLEXIO: Estes son os puntos de recollida de tapóns solidarios,
boligrafos e rotuladores, pilas e o ecotaboleiro, os alumnos/as fixeron
un bo traballo como podedes ver nas imaxes.
Grazas a todos.
martes, 6 de noviembre de 2012
O CPI de PANXÓN ÚNESE ÁS BRIGADAS DE INSTRUMENTOS DE ESCRITURA/RECICLADO DE BOLÍGRAFOS
Que facemos cos bolígrafos que xa non usamos? En qué contenedor os tiramos? Os bolígrafos e rotuladores non se poden reciclar porque están fabricados con materiais moi diversos. Deben ir ao contenedor de basura orgánica. Pero agora, TerraCycle e BIC lanzaron un programa pioneiro en España de recollida e reciclaxe de instrumentos de escritura, que está dirixido a colexios, universidades e empresas. Calquera bolígrafo, pluma, rotulador, corrector, marcador fluorescente, etc… sen importar a marca ou o material, pode ser reciclado.
Neste vídeo podes ver cómo é o proceso de recuperación e reciclaxe que TerraCycle leva a cabo con todos os instrumentos de escritura recolectados na Brigada.
martes, 19 de junio de 2012
miércoles, 16 de mayo de 2012
SOANDO INSTRUMENTOS
O alumnado na materia de Música está aprendendo a reciclar para facer instrumentos musicais, ata agora fixeron:
- Unha Guitarra
- Unha Xanza
- Un axóuxere de cunchas
- Un carrizo de cana
O proceso de como os están a facer podedes velo na seguinte presentación, merece a pena votarlle unha ollada.
domingo, 13 de mayo de 2012
AGASALLO PARA O DÍA DAS NAIS.
Os alumnos/as de 3º EP fixerónlle un fermoso agasallo ás súas nais, unha
carpeta para gardar documentos, todo con material reciclado.
Como nos parece que é un agasallo útil e rápido de facer, queremos
amosarvos con fotos como foi o proceso de elaboración e o seu remate.
Primeiramente direivos o material que utilizamos e os pasos a seguir.
MATERIÁIS:
- Dous cartóns dunha caixa calquera dun tamaño de 32x23cm cada un.
- Un retal de tea de 52x40cm, pode ser incluso dunha camisa ou camiseta que xa se deixou de usar.
- Dous folios debuxados ou ben duas follas de revista.
- 32cm de cinta de carrocero.
- Un trozo de goma.
- Cola blanca.
- PASOS A SEGUIR:
- 1º Primeiramete encolamos os cartóns por unha das caras e pegámolos no medio da tea deixando entre eles unha separación dun cm aproximadamente.
- 2º Dobramos a tea que sobresae polos lados e encolámola ao cartón como se estivéramos forrando un libro.
- 3º Para que non se vexan as dobreces encolamos de cada lado os folios ou as follas de revista.
- 4º Para unir os dous folios pegamos a cinta de carrocero que é por onde se vai a dobrar a carpeta
- 5º E xa para rematar por fora estucamos con pintura de tea as letras co nome que desexamos poñer. Nos facemos as plantillas nun plástico duro que logo recortamos cun cuter.
- 6ºNun dos lados da carpeta facemos un burato en cada esquina polos que introducimos as gomas. -7ºComo remate só queda estucar as letras.
miércoles, 25 de enero de 2012
BOAS IDEAS PARA RECICLAR
Feitos con envases de suavizantes, productos de limpeza e os tapóns .
Con botellas de plastico
Con chapas das latas
Suscribirse a:
Entradas (Atom)


