Mostrando entradas con la etiqueta DO PEDERNAL AO ÁTOMO. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta DO PEDERNAL AO ÁTOMO. Mostrar todas las entradas

sábado, 21 de abril de 2012

MARCAPÁXINAS

Para o día da poesía ademáis de iniciarnos nos poemas e facer un pequeno poemario, elaboramos uns marcapáxinas cunha pequena rima alusiva ao mar, destacando a importancia que ten para nosoutros o seu coidado. Todo isto como podedes ver, sempre dentro do mesmo proxecto: "ENERXÍAS SOSTIBLES". Apoveitando que o luns é o dia do libro parécenos unha boa idea agasallar aos nosos pais con este marcapáxinas xa que son eles os que nos inculcan nun primeiro momento ese interese polos libros, e máis, cando compartimos momentos comúns de lectura. 

PENSAMENTOS

Un ano máis alumnos ingleses veñen de intercambio ao noso colexio e como sempre o alumnado de Primaria ten preparado o seu recibimento. Como coincide có día do libro, luns 23 de abril, os alumnos de 3ºP  danlles a benvida  cun  pequeno agasallo, un libro que titulamos "PENSAMENTOS"
Está  feito con  materiais reciclados xa que non pode ser douta  maneira, dado que entra dentro do proxecto que estamos a levar a cabo este curso: "ENERXÍAS SOSTIBLES".
O material que utilizamos foi papel reciclado por eles mesmos no obradoiro de "AULA VERDE". Como soporte de cada páxina, usamos follas de revistas e aproveitando  a frase que viña escrita como encabezamento de cada unha destas, os alumnos foron dando as súas respostas, o que deu lugar ao libro.
As tapas do libro son recicladas a partir dunha carpeta  xa retirada de servicio, pero que nos serviu para a ocasión.
E para rematar, as pastas atámolas ás follas cuns fíos de rafia.
Esperamos que  aos alumnos ingleses lles guste o noso agasallo, nós estamos satisfeitos polo esforzo que fixemos e polo resultado acadado.