Mostrando entradas con la etiqueta Comité Ambiental. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Comité Ambiental. Mostrar todas las entradas

jueves, 5 de diciembre de 2013

CONSTITUCIÓN DOS COMITÉS AMBIENTAIS


Os días 29 de otubro e 4 de novembro constituímos por primeira vez este ano as comisións ambientais do centro. Crearonse dous Comités un pola etapa de Primaria e outro na etapa de Secundaria. Están integrados por representantes do profesorado  representantes das familias, representación do personal de servizos e representación do alumnado. Seis son os nenos que representan aos seus compañeiros en ambalas dúas etapas, un por curso de 1º ata 6º e outros 6 de 1º a 4º da ESO contando co curso de PDC e a segunda liña de 1º de ESO. Presentaronse os resultados da auditoría ambiental do centro, recordouse o traballo que se fixo o ano pasado e presentáronse os novos obxectivos para este curso: poñer en marcha as accións ou propostas de mellora pendentes e revisar que se levan correctamente a cabo. As tarefas fundamentais serán:
Auditoría ambiental do centro

  • Seguimento do proceso de reciclado e a infraestrutura do lugar destinado para iso.
  • Planificar os procesos necesarios para poñer en marcha este curso o horto escolar
  • Planificar os procesos necesarios para o coidado do ecosistema da nosa charca
  • Informar nas diferentes aulas das actividades que se veñen desenvolvendo dentro do proxecto "MARES E COSTAS EN BOAS MANS".
  • Organización das Ecopatrullas de patio  (Primaria)
  • Organización das Ecopatrullas de centro  (secundaria)


miércoles, 31 de octubre de 2012

COMITÉ AMBIENTAL PARA ESTE CURSO 2012-13

Hoxe 31 de outubro reunimonos para constituir o comité ambiental do centro para este curso. Está formado por 1 alumno/a de cada curso de Primaria e un representante por cada curso da Educación Secundaria Obrigatoria, profesores de todas as etapas e ciclos, nais/pais, un representante do personal non docente, representante do equipo directivoe do concello (concellería de Medio Ambiente). Un comité que representa a toda a Comunidade Educativa e quexya empezou a traballar en novas ideas para os vindeiros meses (manteremosvos informados).

Grazas a todos/as polo voso traballo desinteresado.

viernes, 17 de febrero de 2012

COMITÉ AMBIENTAL

O comité ambiental para este curso foi constituido o día........ Está formado por sete mestres/as, 11 alumnos/as (un por curso), unha representante do persoal non docente e dúas nais.

A primeira reunión tivo lugar o pasado martes 13 de decembro. O tema a traballar este curso é A ENERXIA SOSTIBLE, dentro do programa internacional ECOESCUELAS. Próximamente iremos poñendo no blog algunhas das ideas que se debatiron na reunión. De momento deixovos a foto que fixemos eos nomes dos que o compoñen.