Mostrando entradas con la etiqueta NÓS SOMOS MAR. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta NÓS SOMOS MAR. Mostrar todas las entradas

martes, 13 de enero de 2015

NAVEGANDO NAS EMBARCACIÓNS TRADICIONAIS

En recoñecemento ao traballo que o CPI de Panxón ven realizando co proxecto “NÓS SOMOS MAR",  o alumnado de 5º e 6º de primaria do noso centro foi convidado a participar na actividade “NAVEGANDO NAS EMBARCACIÓNS TRADICIONAIS DE GALICIA”.
A actividade organizada polo Centro Tecnolóxico do Mar (CETMAR) e a Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial (FGCMF), contando coa colaboración da Asociación de Mariñeiros de Bouzas, realizouse o día 18 de decembro. O obxectivo da actividade era coñecer  as embarcacións  tradicionais de Galicia e  as artes de pesca que empregaban algunhas delas. Tamén se pretendía que tomaramos conciencia sobre a necesidade de conservar estas embarcacións que, unha vez rematada a súa vida laboral, son reconvertidas para usos culturais, deportivos e de lecer, evitando así a perda destas embarcacións que forman parte do noso patrimonio marítimo.
A actividade tivo un pequeno adianto  o día 17 de decembro no propio colexio, onde o alumnado de 5º e 6º xa recibiu unha introdución sobre as embarcacións nas que navegarían ao día seguinte. A FGCMF tamén elaborou unhas unidades didácticas para esta actividade.
O día 18 ás 9,30 horas o alumnado de 5º e 6º visitaba o CETMAR e no seu salón de actos eran recibido polos seus responsables. Logo recibirían unha charla complementaria á do día anterior sobre as embarcacións tradicionais e as artes de pesca.  A continuación iniciaron un percorrido polo centro  para coñecer algúns dos traballos que se realizan no CETMAR, por exemplo o deseño dunha embarcación de pesca totalmente eléctrica da que puideron  coñecer a súa maqueta. Tamén coñeceron como son as boias oceanográficas que envían continuamente ao CETMAR abundante información sobre a temperatura do mar, ventos, salinidade da auga, correntes, etc.


Ás 11 da maña profes e alumnado estaban na Praia de Bouzas, onde está a Asociación de Mariñeiros de Bouzas. Equipados cos chalecos salvavidas foron distribuídos entre 5 embarcacións tradicionais é seguindo as instrucións dos respectivos patróns puxeron rumbo a Cangas para coñecer á antiga conserveira de Massó, á factoría baleeira e coñecer parte da historia deste complexo industrial relacionado coa pesca e que foi un dos máis importantes de Europa. 

Medios de comunicación que recollen a actividade :
- Vigo última hora
- Atlántico Diario 
- Asociación de mariñeiros Artesanais e Deportivos de Vigo




viernes, 5 de diciembre de 2014

O SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MAR

O luns  día 1 de decembro o alumnado de primaria do noso colexio participo na actividade “O SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MAR”. Este programa da Consellería do Mar para fomentar o consumo do peixe fresco entre o alumnado dos colexios de Galicia está moi relacionado con dous proxectos que vimos traballando no colexio dende o ano pasado: ALIMENTA-T e NÓS SOMOS MAR.

A actividade foi moi divertida porque iniciou cunha pequena obra de teatro na que o mariñeiro Luís explicaba o difícil que é pescar nos nosos días pola contaminación dos mares e por non ter respetado as tallas mínimas na pesca. Logo seguiu a actividade cunha serie de xogos nos que o alumnado repartidos en tres equipos aprenderon moitas cousas sobre o mundo da pesca e sobre a importancia da presenza do peixe na dieta polas súas importantes propiedades nutritivas.

A actividade continuo ao día seguinte, o martes, xa que o alumnado de 4º,5º, e 6º de primaria foron visitar a Lonxa de Vigo e o Museo do Mar de Galicia, realizando a comida na propia lonxa, degustando un xantar realizado a base de produtos do mar. O martes día 16 de decembro será o alumnado de 1º,2º e 3º de primaria o que realizará a visita á Lonxa e máis ao Museo.





jueves, 20 de noviembre de 2014

VISITA AO INSTITUTO OCEONOGRÁFICO

Onte 11 de xuño e como parte do premio Galicia de Voz natura os nosos alumnos/as visitaron o Instituto Oceanográfico de Vigo, neste fixemos unha visita guiada por todos os departamentos. cada neno levaba o seu carné de cientifíco e en cada departamento selaron os seus carnés ata que conseguiron a frase final "OCEANO FUTURO" . O director do Oceonográfico falaronnos da súa historia
 CANDO REMATAMOS A VISITA CHEGOU A SORPRESA, DERONNOS UN AGASALLO que contiña unha guía de peixes, unha libreta, boligrafo....queremos dar as grazas ao IO polo trato dado ao noso centro
A continuación embarcamos no buque Oceanográfico Ramón Margalef ( o seu nome é en honor ao primeiro catedrático español en Ecoloxía).
Pola tarde fixemos un percorrido de tres horas pola ría no navío Nauja (Goleta danesa clásica)

miércoles, 25 de junio de 2014

A NOSA HORTA 13-14


Esta actividade foi iniciada fai dous cursos, coa construción dos bancais onde o alumnado fai as plantacións. O horto como resultado do traballo do alumnado de 3º de ESO na materia de Tecnoloxía conta con rego automático aproveitando a recollida das augas pluviais.
A horta é unha actividade que realiza o alumnado de Primaria e que ademais relacionamos cos programas de alimentación e froitas que desenvolvemos tamén no centro.
As tarefas que fixemos en relación coa horta
-    Limpeza dos bancais da horta
-    Plantación das sementes de alcachofas, plantas aromáticas, calabacíns, berenxenas, pementos doces italianos, tomates, sandías.....
-    Limpeza e coidado semanal do horto a cargo dos distintos ciclos  de primaria.

foron:

miércoles, 11 de junio de 2014

ENTREGA DE PREMIOS VOZ NATURA

O SABADO 7 DE XUÑO acodemos un importante número de familias e profesorado A coruña, para recibir os premios Voz Natura 2013-14. 
O noso centro recibiu o PREMIO GALICIA ao mellor proxecto e o PREMIO á mellor EXPOSICIÓN.
  Recibindo o Premio Galicia en representación de toda a comunidade educativa:  O Xefe de estudos Casto Antonio García-Márquez a alma do proxecto e os alumnos Hugo Pereira de 2º de ESO e Emma Leal Blach de 6º de EP.

 

Recibindo o Premio á mellor exposición en representación de toda a comunidade educativa: A Xefa de estudos de Primaria, Yolanda Fernández e as alumnas Alba Suárez Pérez de 1º de ESO e Andrea Dóminguez Pereira de 2º de ESO.


Monográfico Voz de galicia sobre a entrega de premios e a festa de VOZ NATURA

martes, 10 de junio de 2014

KALEIDOLABS

Vídeo realizado por Hugo Pereira sobre o Proxecto kaleidolabs desenvolto polo CSIC non noso CPI dentro do Proxecto "Nós somos MAR".


OS NOSOS TÍTERES: KALEIDOLABS- VALORIZ@LAB

LA VOZ DE PANXÓN

Xa está aquí o número de maio!

 

O NOSO PROXECTO "NÓS SOMOS MAR" GAÑA O PREMIO GALICIA VOZ NATURA

O noso Proxecto "Nós somos Mar" foi seleccionado entre outros 307 proxectos como gañador Galego 2014 Voz Natura. Dende aquí queremos agradecer a toda a Comunidade Educativa o gran traballo colaborativo realizado neste proxecto, a colaboración de familias, alumnado e profesorado foi determinate para a súa realización. Tamén queremos agradecer ao CSIC a súa colaboración e en especial a Mª Luisa Martínez e Eva Balsa polo seu asesoramento e presencia neste proxecto.


Voz Natura 
Consellería de Educación Xunta de Galicia
La Voz de Galicia: CPI de PANXÓN GAÑA O PREMIO GALICIA VOZ NATURA
La Voz de Galicia: O CPI de Panxón exemplo de loita medioambiental dende a infancia
Radio Voz:

viernes, 23 de mayo de 2014

VÍDEO RESUMO DO PROXECTO "NÓS SOMOS MAR"

Hugo Pereira Chamorro, alumno de 2º da ESO converteuse nun reporteiro medioambiental e elaborou un estupendo vídeo no que conta o que se fixo polo mediambiente este ano no colexio. dende aquí queremos darlle a enhoraboa a Hugo por participar nesta iniciativa e pola súa colaboración no proxecto, desexamoslle o mellor GAÑANDO o concurso convocado por VOZ NATURA. Non esquezades votalo na páxina de FAcebook de Voz Natura.

ENHORABOA HUGO¡¡¡¡¡¡

martes, 6 de mayo de 2014

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO



Co gallo do  Día do libro no C.P.I. de Panxón repetimos a actividade realizada o curso pasado polo éxito obtido “APADRIÑAMENTO LECTOR II ”. O alumnado de 1º e 2º de ESO exerceron de padriños e madriñas de lectura co alumnado de Educación Primaria. Tamén os pequenos lectores leron aos grandes. O equipo da biblioteca elixiu libros do noso Rincón de lectura Medioambiental“Rincón Azul, “Nós somos MAR”. Os afillados e afilladas realizaron uns marcapáxinas con motivos mariñeiros para agasallar aos seus padriños e madriñas.
Presentamos a continuación unha mostra dos marcapáxinas creados e unha fotomontaxe de cómo desfrutaron coa lectura


APADRIÑAMENTO LECTOR 2014 - Movie Maker

Cientificonto co polvo Octavio


Autor: Francesca Chessa
Editorial: OQO editora, 2012


Resumo: Ola! Chámome Octavio. Gustaríame traballar no circo do fondo do mar, pero os meus tentáculos son un estorbo: non sei que facer con eles! Estou farto de ser un polbo!
O CSIC impartiu unha sesión de contacontos: “Non quero ser un polbo!”, o venres 24 de abril, ás 09:50h, ao alumnado de 1º, 2º e 3º de primaria, que tivo lugar na biblioteca do centro.   
A xornada comezou coa escenificación do conto "Non quero ser un polbo" na que se introduciron, de forma atractiva e entretida, contidos científicos relacionados co proxecto do noso centro:”Nós somos mar”-
Tras o relato, os alumnos e alumnas participaron nos talleres creativos relacionados cos personaxes do conto.
Este obradoiro foi impartido polos científicos Luisa martínez e Álvaro  Roura entusiastas investigadora do CSIC que se achegaron onde nós para falar sobre o seu traballo. E fíxerono acompañados do que máis lles gusta: unha bolsa chea de libros, un microscopio e animais mariños.
Para comezar, contaron o conto : Non quero ser un polbo!¡¡
Explicáronnos  cousas do seu traballo. Para iso púxose luvas e mostrounos un polbo e unha lura.
A través do microscopio descubrimos como son os pequenos polbiños cando aínda son un ovo. Tamén vimos cabaliños de mar disecados. E o pico de ouro dun calamar xigante... iso si que é perigoso!
Rematou a sesión coa proxección de dous pequenos vídeos: o primeiro, sobre as estratexias que segue o polbo para protexer os seus ovos; e outro sobre os calamares xigantes