Mostrando entradas con la etiqueta Día da PAZ. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Día da PAZ. Mostrar todas las entradas

domingo, 2 de febrero de 2014

MIL BARQUIÑAS DE PAZ

Este ano celebramos o día da PAZ dunha maneira moi especial, os mestres/as leváronnos ao salón de actos e alí estaba "Palmira", unha rapaza de Sardiñeiro, unha vila mariñeira do concello de Fisterra rodeada de barquiñas, sentámonos en circulo e presentouse, díxonos que un día mirando pola ventá da súa casa veu o mar cheo de barquiñas e empezou a soñar con encher a praia do seu pobo de barquiñas de papel....." . Podedes ver en que consistíu a actividade na seguinte presentación.
Agora que xa vistes como disfrutamos, contovos como o fixemos:Primeiro Palmira ensinounos a facer unha barquiña de papel e leu un poema do libro:
Patente de Corso do autor da Costa da Morte Rafa Villar.

 

Depois presentounos o conto "LA OLA" de Suzy Lee, o libro non ten texto porque sobran as palabras cando nos atopamos ante debuxos que falan por si solos, Palmira coa súa creatividade fixo que cada un de nós contruíramos a nosa propia historia.

 "e como  xa tíñamos un barco, Palmira dixo que xa podíamos  ir pasear a ver peixes..." fixo un peixe de papel e contounos  dous contos sobre dous peixes xeniais:

EL ARENQUE ROJO de Gonzalo Moure, que fala de saber ollar o mundo, non so cara unha dirección, senón de abrir ben os ollos, e ver con amplitude as cousas, que cada persoa que anda o noso redor ten unha historia.


   
O outro conto de peixes foi : "EL PEZ QUE SONREÍA" DE JIMMY LIAO ,parece mentira como un ser tan pequeno, aparentamente alleo ao que sucede maís alá do cristal da súa pecera e capaz de cautivar e cambiar a vida das persoas.



 E para rematar a sesión contou o conto popular xaponés da As 1000 grullas e a historia de Sadako, que estableciu que en xapón o símbolo da paz sexa unha grulla de papel e porsuposto ensinounos a facer grullas de papel.

 

 Grazas Palmira por facernos disfrutar tanto con contos tan fermosos¡¡¡¡¡¡

domingo, 3 de febrero de 2013

OS NOSOS TRABALLOS PARA A PAZ......SOSTIBLE

 O NOSO ÁRBORE DA PAZ

 SECUNDARIA

O corredor de Secundaria está adornado coas xigantes pombas que elaborachedes con cartóns reciclados e que oego, con increíble pacenza, pintachedes, e retocachedes. O resultado foi moito mellor do que  imaxinamos. Felicitación aos que colaborachedes de 3º e 4º.

4º ESO
" A PAZ SE CONSTRÚE ENTRE TODOS"

O alumnado de 4º da ESO elaborou un puzzle dunha pomba da Paz e o día 30 todos os alumnos/as da ESO aportou unha parte dese puzzleque previamente cada un deles pintara e foron construindo a súa Pomba da Paz, pretendian con este acto demostrar que a Paz so poderá ser constuida coa unión de todos/as.
O resultado foi esta magnifica pomba como homenaxe a Paz.




COMIC DA PAZ CON "PANXEOLO"
                                             

Open publication - Free publishing - More informative



 1º DE ESO

Os alumnos/as de 1º deseñaron un mural coa profesora de lingua castelá "Hola paz, adiós guerra". Nel souberon colocar os países nos que se fala unha lingua románica ou xermánica e a traducción do mensaxe citado. Só é necesario engadir a foto para que vos podádes facer unha idea do seu trabajo e do exitoso resultado conseguido.



1º e 2º da ESO 


MENSAXES DE PAZ CON FERRAMENTAS DA WEB 2.0

Power point from juegodepalabras

Nesta conmemoración e através do Blog Juego de palabras de lingua Castelá descubremos a unha garnde escritora.  Sandra Gómez- Besada de 2º ESO, realizou un fermosisimo conto con motivo desta conmemoración que podedes ler a continuación. 


 PRIMARIA
 Toda a Comunidade educativa puido desfrutar do recitado de poesías do alumnado de EP, as súas interpretacións poéticas desfrutámolas todos xa que o fixeron moi ben. Participaron alumnos e alumnas de todos os cursos de Primaria.

Os alumnos e alumnas de 6º de Educación Primaria crearon contos para conseguir unha Paz ....sostible coa ferramenta storybird, hoxe subimos a este blog os dous primeiros contos e nos vindiros días iremos subindo os demais.

Mario Rial Ferreira: OS SALVADORES DA NATUREZA
Patricia Pérez: A FORZA DA AMIZADE

 As actividades rematoran coa IV CARREIRA SOLIDARIA na que participaron o CPI de Panxón, CEIP "DA CRUZ" de Camos e o CEE "Juan María". O diñeiro recaudado será entregado aos Servizos Sociais do Concello para atender ás necesidades do noso entorno nestes tempos de crise.



jueves, 24 de enero de 2013

DÍA INTERNACIONAL DA PAZ.........SOSTIBLE

A raíz de moitas das guerras e conflitos que suceden no mundo está nos recursos naturais: diamantes, ouro, petróleo, auga, madeira… Tratar de resolver os temas de propiedade, control e xestión destes é fundamental para manter a seguridade e restaurar a economía dos países que saen dun conflito. Conseguir que se xestionen ben e con xustiza estes recursos é garantía de paz no futuro. Por iso dende o colexio este ano queremos que neste Día Internacional da PAZ deteñamonos a pensar que podemos facer cada un de nós, paises e personas por respetar a xusta xestión e distribución de recursos naturais. 

Presentámosvos o noso primeiro mural e a programación de actividades de dinamización que se levarán a cabo nese día e ao longo desa semana.



martes, 15 de enero de 2013

CANCIÓN PARA O DÍA DA PAZ

Deixovos a canción que cantaremos todos xuntos o vindeiro día 30 celebrando o DÍA DA PAZ. Así podedes ir ensaiando na casa para aprenderos ben a letra.