Despois do día adicado ao entroido, de nove están os KaleidoLabs en Panxon. Hoxe ademais visitounos Manuel Vicente do programa Efervesciencia da Radio Galega. Estivo presenciando as Gravacións e entrevistou aos alumnos/as de 6º de EP que lles tocaba gravar e facer os Story-board que proximamente subiremos, estade atentos por que son unha pasada, propios de verdadeiros artistas.
jueves, 27 de febrero de 2014
PASARÚAS POR PANXÓN CO NOSO ENTROIDOMAR
Este ano adiantamos o entroido, ante o temor as inclemencias do tempo e a necesidade de asegurar o sol tan escaso este ano na nosa terra. O día marabilloso do que desfrutamos podedes velo na seguinte presentación. TAMÉN PODEDES LER E VER IMAXENES NO ESPAZO QUE A VOZ DE GALICIA ADICA AO NOSO ENTROIDO
MONTANDO O ENTROIDOMAR
Ao longo deste mes entre as múltiples actividades que desenvolvemos no CPI de Panxón relacionadas co Proxecto "Nós SOMOS MAR", resaltamos a actividade do Entroido, mentres as familias co obradoiro de costura estiveron a facer disfraces, alumnado e profesorado en obradoiros de tarde e nas clases de Tecnoloxía e Plástica, construiron as carrozas e os decorados, destas destacamos un cabaliño de mar de 3 metros de altura e un pulpo articulado que casou sensación co seu movemento.
miércoles, 26 de febrero de 2014
SEGUEN AS GRAVACIÓNS E COMEZAN OS STORY-BOARD DAS SESIÓNS DE GRAVACIÓN
Continuamos no CPI coa maravillosa experiencia de aprendizaxe dos KaleidoLabs, cada día está a gravar un curso e con 4º comezaron os Story-Board das sesións, compartimos con vós o inicio desta actividade e proximamente colgaremos moitos mais.
sábado, 22 de febrero de 2014
ACCIÓN¡¡¡¡
A palabra máxica ACCIÓN comezou a escoitarse esta mañá no Salón de actos do CPI de Panxón, o alumnado de 3º de EP cos titeres realizados por eles mesmos foron os encargados das primeiras esceas do rodaxe. Toda una experiencia de aprendizaxe¡¡¡¡¡
viernes, 21 de febrero de 2014
OBRADOIRO DE FAMILIAS: DISFRACES ENTROIDO
As familias involucradas a fondo no proxecto¡¡¡¡ están a facer obradoiros de confección para a elaboración dos disfraces relacionados coa temática do proxecto.
1º ciclo de Primaria: Peixes
3º EP: Vieiras e Mexillóns
4º EP: Calamares
5º EP: Algas marinas
6º EP: Polvos
Para conseguilo organizamos os obradoiros co seguinte horario.
1º ciclo de Primaria: Peixes
3º EP: Vieiras e Mexillóns
4º EP: Calamares
5º EP: Algas marinas
6º EP: Polvos
Para conseguilo organizamos os obradoiros co seguinte horario.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)





