lunes, 16 de diciembre de 2013
domingo, 8 de diciembre de 2013
CARTAS COTIÁS
Despois de estudar os diferentes tipos de cartas, os alumnos/as de 2º ESO decantáronse por facer o traballo coas cartas de solicitude. O tema das súas cartas por suposto ten que ver co noso proxecto deste curso Mares e costas en boas mans.
É bo, de cando en vez, reflexionar sobre todo aquilo que empeora a vida das nosas augas mariñas e propoñer medidas coas que poder mellorar unha situación da que os únicos responsables somos nós.
É bo, de cando en vez, reflexionar sobre todo aquilo que empeora a vida das nosas augas mariñas e propoñer medidas coas que poder mellorar unha situación da que os únicos responsables somos nós.
jueves, 5 de diciembre de 2013
CONSTITUCIÓN DOS COMITÉS AMBIENTAIS
Os días 29 de otubro e 4 de novembro constituímos por primeira vez este ano as comisións ambientais do centro. Crearonse dous Comités un pola etapa de Primaria e outro na etapa de Secundaria. Están integrados por representantes do profesorado representantes das familias, representación do personal de servizos e representación do alumnado. Seis son os nenos que representan aos seus compañeiros en ambalas dúas etapas, un por curso de 1º ata 6º e outros 6 de 1º a 4º da ESO contando co curso de PDC e a segunda liña de 1º de ESO. Presentaronse os resultados da auditoría ambiental do centro, recordouse o traballo que se fixo o ano pasado e presentáronse os novos obxectivos para este curso: poñer en marcha as accións ou propostas de mellora pendentes e revisar que se levan correctamente a cabo. As tarefas fundamentais serán:
Auditoría ambiental do centro- Seguimento do proceso de reciclado e a infraestrutura do lugar destinado para iso.
- Planificar os procesos necesarios para poñer en marcha este curso o horto escolar
- Planificar os procesos necesarios para o coidado do ecosistema da nosa charca
- Informar nas diferentes aulas das actividades que se veñen desenvolvendo dentro do proxecto "MARES E COSTAS EN BOAS MANS".
- Organización das Ecopatrullas de patio (Primaria)
- Organización das Ecopatrullas de centro (secundaria)
GAÑADORES CONCURSO DE DEBUXO "OUTONO E MAR"
Enhoraboa ás alumnas gañadoras do concurso de debuxo "OUTONO E MAR", Noelia Prado Negreira d e1º de Primaria e Ana layeska Bolivar Tovar de 6º de Primaria, polo seu bo facer.
GAÑADORES NO CONCURSO DE DEBUXO ANO INTERNACIONAL DO AUGA
O alumno Anxo Figueroa González e a alumna Nairobi Martínez Poveda foron finalistas no concurso do “ Ano internacional do auga” organizado pola Deputación de Pontevedra e o CSIC.
Asemade Anxo Figueroa foi gañador do segundo premio.
ENHORABOA AOS DOUS¡¡¡¡¡¡
CONCURSO AUTORRETRATO DO MAR
Baixo o título "Autorretrato do mar", os alumnos de 3º e 4º de ESO deberanse enfrontar ao uso de materiais de refugallo na súa obra plástica. O título do exercicio xustifícase no feito de que eses materiais deberán proceder dos restos de lixo que a marea deposita nas praias, para realizar unha mariña ou paisaxe na que o mar teña un papel principal.
Este traballo realizarase por parellas, agás no caso de 4º que polo seu reducido número (cinco alumnos) realizarán un único traballo entre todos pero de gran formato.
Coa obra obtida realizarase, dentro das posibilidades, unha exposición no Centro, que dea a coñecer este aspecto da arte, que aos alumnos tanto lles custa asimilar.

II CONCURSO ÁRBORES D ENADAL ECOLÓXICOS
Ao igual que en cursos anteriores e dentro do noso proxecto medio-ambiental, "MARES E COSTAS EN BOAS MANS" convocamos un ano mais o CONCURSO DE ÁRBORES DE NADAL ECOLÓXICOS". Xa podedes poñer a traballar a vosa imaxinación........sabemos que o faredes moi ben.
jueves, 28 de noviembre de 2013
UN ANO MAIS APRENDEMOS CON SEPRONA
Co obxectivo de concienciar ao alumnado sobre as graves consecuencias que teñen os lumes forestais nos ecosistemas galegos, e ofrecerlles recomendacións útiles sobre a prevención destes incendios, que cada ano asolan centos e miles, de hectáreas de monte, o Sarxento José Braña Rodríguez e o Garda Civil Álvaro Sarabia Bugallo espuxeronnos en que consiste o seu traballo, como o realizan e a importancia da prevención nos lumes, así como as diversas maneiras en como podemos axudar para que isto non ocorra ao menos por motivos de descoñecemento.
Estiveron toda a mañá xa que primeiro traballaron cos pequenos de primaria (1º, 2º e 3º) , despois foron os 4º, 5º e 6º e xa finalmente os maiores da ESO. Todos saímos moi satisfeitos da exposición e moi sorprendidos do seu traballo. Queremos dicirlles que non esqueceremos nada do que aprendemos e que poñeremos da nosa parte para facilitarlles o traballo.
Dámoslles as grazas pola súa visita e esperamos velos de novo polo noso centro, tamén queremos dar as grazas a VOZ NATURA por facelo posible.
UN ANO MAÍS APRENDEMOS CON SEPRONA on PhotoPeach

PRESENTACIÓN DO PROXECTO "NÓS SOMOS MAR"- O MAR DI BASTA¡¡¡
O
día da inauguración da biblioteca, tivemos unha gran sorpresa, un
extrano personaxe apareceu na biblioteca, ao principio asustounos xa que
estaba moi pálido e vestía como os piratas fai 400 anos, dixo que era
"A ÁNIMA DO PIRATA DRAKE" e que tivo que "levantarse da súa tumba para
vixiar os mares".
REUNIU aos rapaces na biblioteca para explicarlles o moito que cambio o mar e a
paisaxe dende que el abandonara estos mares. Pediulle aos nenos que
coidasen o mar e trasladasen as súas boas prácticas a todo o seu
entorno, tiveron que realizar un xuramento E COMPROMETERONSE A CAMBIAR
OS MALOS HÁBITOS.
INAUGURAMOS A BIBLIOTECA "A ÁNIMA DO PIRATA DRAKE" on PhotoPeach

viernes, 22 de noviembre de 2013
LER EN NADAL
O Nadal é un bo momento para estar en familia e compartir momentos de lectura, invitamosvos a ler este Nadal algún dos mellores libros de medio ambiente, están expostos no corredor da pranta baixa, non o dubides e vai a Biblioteca a buscalo, desfrutarás moito con eles.
PARTICIPAMOS: Iª XUNTANZA DE XÓVENES POLA SOSTIBILIDADE E A PAISAXE
Onte foi un gran día para o noso alumnado xa que 12 alumnos/as de Primaria e 7 de Secundaria participaron na I Xornada de sostibilidade. Durante unha semana traballaron arreo para preparar as súas presentacións, primeiro elixiron entre as accións que desenvolveron este curso a que ían levar e por grupos estudaron e prepararron a súa presentación procurando que esta foxe motivadora e espertara o interés da audiencia, en segundo lugar o alumnado de secundaria distribuiuse os diferentes seminarios nos que ían a participar elixiron tres, OS RESIDUOS, ENERXÍA E CAMBIO CLIMÁTICO, E AUGA/BIODIVERSIDADE, para participar nel tiveron que levar un Reto Estratéxico para desenvolver no primeiro trimestre do curso. Temos que dicir que un dos nosos retos do noso centro foi escollido como conclusión
VISITA AO MUSEO DO MAR EN VIGO
O alumnado de 1º e 2º de ESO visitou o día 11 de abril o museo do MAR de Vigo, participaron en dous obradoiros: Coñecendo a cultura tradicional mariñeira e Os segredos arqueolóxicos do Museo do Mar.
“Coñecendo a cultura tradicional mariñeira”.
Nesta actividade que durou uns 90 minutos, o alumnado de 2º da ESO transformáronse en auténticos mariñeiros tradicionais e experimentaron por eles mesmos diversos aspectos da vida destas xentes: cazaron unha balea, pescaron con diferentes técnicas, vogaron nun bote como auténticos mariñeiros; ademais visitaron o acuario, onde coñeceron algunhas das especies que se pescaban coas técnicas aprendidas.
“Os segredos arqueolóxicos do Museo do Mar”.
Esta Actividade foi desenvolvida polo alumnado de 1º da ESO.
Tomando como punto de partida o xacemento castrexo do Museo, nesta actividade o alumnado realizou unha viaxe no tempo para coñecer como era a vida das persoas que habitaron este castro e a súa a relación co mar.
Logo o alumnado pasou a unha sala onde a monitora deulle as nocións básicas para converterse en arqueólogos e realizar unha excavación arqueolóxica fielmente simulada, para despois traballar os resultados nun laboratorio científico. Por último, empregando réplicas exactas, experimentarán por si mesmos algúns dos aspectos do traballo diario das xentes que viviron en época castrexa e romana.
Unha cuestión fundamental que aprendemos o profesorado e alumnado que participamos nesta actividade, foi a importancia de respetar ao máximo calquera xacemento arqueolóxico que atopemos. Non tocar nada na espera de que os técnicos poidan facerse cargo do atopado. Como nas películas de TV tipo CSI ou as policíacas, cada cousa que alí atopemos pode darnos información sobre quen vivía no xacemento, como vivían, as actividades que desenvolvían, as crenzas que tiñan, incluso a súa saúde .
miércoles, 6 de noviembre de 2013
ECONOTICIAS 1: O LITORAL CÓBRESE DE INXENTES CANTIDADES DE LIXO
Como acontece cada outono, os temporais axudan a destapar os refugallos que esconden a ría e o océano
A situación resulta especialmente grave nos municipios bañados polo Atlántico, onde as correntes son máis intensas. Pero en practicamente toda a costa, mesmo dentro das rías, pode apreciarse a diario, e moito máis tras xornadas de forte temporal, que o mar esconde inxentes cantidades de lixo e contaminación de todo tipo

O oleaxe bota sobre a area das praias residuos que constitúen unha grave agresión ambiental. E o vento encárgase de impulsar eses restos terra dentro, polo que en moitos casos introduce o lixo entre a vexetación do cordón dunar, mesmo en zonas protexidas.
O caso do Concello do Grove parece o máis claro exemplo, por aquilo de situarse na boca da ría e ter boa parte do seu litoral bañado polas augas oceánicas.
Pero hai que insistir en que a preocupante situación é apreciable, en maior ou menor medida, en todos os municipios litorais. Non hai moito, a causa das intensas precipitacións -que provocaron algunhas inundacións-, xa se alertou de que en Vilagarcía había desbordamentos de sumidoiros debido ás toalliñas hixiénicas e mesmo compresas e outros artigos que se botan aos desaugadoiros.
Eses restos están presentes despois en moitas praias, onde poden encontrarse todo tipo de artigos de hixiene ou uso persoal, ademais dos residuos máis habituais nestes casos, como botellas de cristal ou latas de conserva e de refrescos.
Nun percorrido polas praias arousanas, e sobre todo polas do Grove, en xeral, as máis expostas á acción das correntes, é posible localizar tamén botellas e botes de plástico que forman parte do día a día dos cidadáns, como poden ser os recipientes de aceite de cociña, os de iogur e mesmo os botes de produtos de limpeza do fogar, como lixivias, deterxentes e similares.
Loxicamente, eses artigos non chegan á area, nin despois ás praias, por casualidade. Se están aí é, sinxelamente, porque son botados á auga de xeito imprudente e intolerable, xa sexa por parte dos usuarios das praias -bañistas, paseantes, pescadores deportivos e similares- ou ben dende as embarcacións de recreo ou os barcos profesionais.
En lugar de recoller o lixo e depositala en papeleiras ou colectores, hai persoas que optan por tirala directamente á auga ou a area, de aí a presenza de obxectos de todo tipo que afean o ámbito, xeran contaminación, danan ás plantas dos cordóns dunares e mesmo poden matar peixes, aves, tartarugas e mamíferos mariños.
Ao falar deste risco e da clara ameaza que supón a acción do home, mención especial merecen as verteduras de tipo industrial, xa que tamén pode encontrarse na area, entre as rochas ou en medio da vexetación costeira garrafas das usadas para almacenar combustible, ao igual que grandes bidóns, xa sexan de gasóleo ou aceites, que navegan á deriva ata que a oleaxe os deposita sobre a costa.

E falando de verteduras procedentes da actividade profesional, hai que citar unha case escandalosa cantidade de restos de redes e aparellos de pesca de todo tipo -incluídas caixas de madeira, plástico e poliespan- que cobre a costa. A mesma na que se localizan botas, guantes e outros elementos usados na pesca, o marisqueo ou a acuicultura.
Xunto ás cordas, tamén procedentes da pesca profesional, vellas nasas e todo tipo de madeiros, ramas e algas arrastrados polas correntes, ás veces mesmo poden encontrarse lámpadas e tubos fluorescentes, tal e como se apreciaba hai un par de xornadas en varias praias grovenses.
Así pois, a acción humana constitúe o principal foco contaminante do medio natural mariño e do ecosistema litoral na bisbarra arousana-e por extensión en toda Galicia-, o cal resulta especialmente apreciable mesmo en areais que cada verán locen a Bandeira Azul que acredita a súa calidade, como sucede na Lanzada, Area dá Cruz e Raeiros, no que respecta ao Concello do Grove.
Neste municipio hai outros lugares, como A Barrosa, Con Negro, ou Espiño, Buraco dá Londra ou Canelas nos que se aprecia, igualmente, a gran cantidade de algas, ramas, madeiros e lixo de todo tipo que o océano chuspiu sobre a beira, como querendo devolver todo o que o home lle tirou primeiro.
Evidentemente hai outros indicios evidentes de contaminación, ligados á presenza de hidrocarburos e mesmo elevados niveis de cobre no interior das rías. Nestes casos son produtos ou afeccións menos visibles ou rechamantes que as botellas e botes antes aludidos, pero tamén preocupantes.
O que está por determinar é como e en que magnitude afecta toda esta contaminación ás diferentes especies, xa que hai cidadáns que cren que a presenza de determinados produtos tóxicos na auga puido provocar a mortaldade de numerosas aves nas últimas semanas.

Vía Faro de vigo
miércoles, 30 de octubre de 2013
UN ACUARIUM NO COLEXIO
O obxectivo básico desta experiencia é introducir aos alumnos/as no estudo dos ecosistemas acuáticos e colaborar con outros alumnos/as no mantemento da vida no interior dun acuario. A actividade proposta ten como obxectivo básico o respecto e coidado de seres vivos, en concreto daqueles seres que habitan o interior dun acuario de auga doce como son os peixes, as plantas e os caracois. As técnicas que se propoñen son moi sinxelas e concrétanse no mantemento do acuarium. A experiencia estrutúrase en doce grupos de traballo, que pertencen a dous grupo-clase diferentes de 6º Educación Primaria e 1º de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO). Cada grupo de traballo presenta un número de alumnos reducido (4-5). Os obxectivos da actividade son: a toma de responsabilidades por parte dos alumnos/as, o respecto aos seres vivos e a iniciación nas aplicacións prácticas para que poidan relacionar a teoría coa práctica.
COMEZAMOS¡¡¡¡ NOVO PROXECTO
martes, 2 de julio de 2013
SOMOS GAÑADORES EN VOZ NATURA¡¡¡¡¡
ENHORABOA Á TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA POLOS PREMIOS OBTIDOS EN VOZ NATURA 2013
E
O coordinador do proxecto "Do Pedernal á Fusión" Casto Antonio García Márquez xunto cos alumnos que representaron ao centro, recollendo o premio provincial Voz natura.
E
O coordinador do proxecto "Do Pedernal á Fusión" Casto Antonio García Márquez xunto cos alumnos que representaron ao centro, recollendo o premio provincial Voz natura.
Pastora Astray Mochales recollendo o Premio ao mellor Blog deste curso.
martes, 21 de mayo de 2013
VISITA A UNHA GRANXA DE CABRAS EN ETRETAT
O pasado 17 de maio un grupo de estudantes de 3° e 4° de ESO do CPI de Panxón, visitaron unha granxa de cabras en Etretat (Alta Normandía).
Con motivo do intercambio entre os centros educativos Lycée "La Providence" de Fecamp (Francia) e o noso centro, e traballando conxuntamente no tema das eco-escolas; os alumn@s do noso centro aprenderon o proceso de fabricación do queixo de cabra natural, sen produtos artificiais, da granxa "Le Valaine". (www.levalaine.com)
Ao mesmo tempo aprenderon o proceso de alimentación, coidados e reproducción dos mesmos animais dentro da granxa na que lle ofreceron unha degustación dos seus produtos.
VISITA GRANXA DE CABRAS on PhotoPeach

lunes, 13 de mayo de 2013
PARTICIPAMOS NO PROGRAMA ALIMENTOS KILOMÉTRICOS
O día 12 de abril imos a Investigar como frear o cambio climático co que comemos cada día!
Somos un dos centros que disfrutaran da xornada de xeito gratuíto coa financiación da Fundación Biodiversidad, a través do proxecto estatal do que forma parte este programa e que desenvolve Amigos de la Tierra en diferentes puntos do estado español.
Participaran nas actividades alumnos/as de 5º e 6º de Primaria e 1º ESO eo Profesorado.
Obxectivos da Actividade:
- Visualizar o entramado do actual modelo de produción de alimentos
- Analizar as consecuencias ambientais, económicas e sociais deste modelo
- Coñecer alternativas e opcións máis respetuosas e sostibles
Contidos e Metodoloxía, a xornada estará dividida en dúas partes:
- Analítica e reflexiva: visualizaremos a orixe dos alimentos tendo en conta as emisións de CO2, a superficie necesaria para a súa produción a escala mundial e a pegada ecolóxica deste modelo
- Valorativa e proactiva: a través dun xogo asimilaremos os diferentes pasos da cadea de produción de alimentos, descubriremos as implicacións e consecuencias dun modelo industrializado fronte a un máis sostible e valoraremos as posibilidades que temos para mudar.
Xogando podemos aprender a tomar decisións razoadas que conleven melloras, para as persoas e o planeta!
Localización
O Centro de Educación Ambiental As Corcerizas está situado na Serra de San Mamede, no Macizo Central Ourensán, catalogado como Lugar de Importancia Comunitaria (L.I.C.) dentro da Rede Natura 2000, figuras de protección a nivel europeo.
As Corcerizas está situada no monte comunal de Arnuide, a unha distancia de 50 Km. de Ourense.
Para acceder hai dúas posibilidades desde Ourense:
Para acceder hai dúas posibilidades desde Ourense:
- Autovía A-52 ata Xinzo de Limia > Vilar de Barrio > Arnuide > As Corcerizas
- Estrada C-536 dirección Pobra de Trives > Alto do Couso > Maceda > Os Milagres > Arnuide > As Corcerizas
domingo, 12 de mayo de 2013
VISITA A EXPOSICIÓN O NOSO MUNDO, O NOSO FUTURO, A NOSA EDUCACIÓN
Visitamos esta exposición no Concello de
Nigrán, pretenden con ela dar a coñecer o problema medio-ambiental do cambio
climático, informando sobre as súas causas e consecuencias a nivel global e
tamén en Galicia.
A exposición está composta por 19
paneis, unha proxeción audiovisual sobre o cambio climático, tríptico da
exposición, tríptico informativo sobre o cambio climático, caderno de traballo
para o alumnado e dous Módulos, “Emisión cero” cunha pila de combustible de
hidróxeno” e “E mais eu, cantas emisións podo evitar”.
OBRADOIRO TECNOLOXÏA : COHETES DE AUGA, MOBIL RATONERA, FORNO SOLAR
O alumnado de 2º e 4º da ESO, na materia de Tecnoloxía realizaron uns obradoiro de fabricación de cohetes de auga, mobles de ratonera e fornos solares con materiais reciclados, os planos que utilizaron pódense ver nos anexos e a continuación imaxes dos realizados polo alumnado
Suscribirse a:
Entradas (Atom)