martes, 21 de mayo de 2013

VISITA A UNHA GRANXA DE CABRAS EN ETRETAT

O pasado 17 de maio un grupo de estudantes de 3° e 4° de ESO do CPI de Panxón, visitaron unha granxa de cabras en Etretat (Alta Normandía).
Con motivo do intercambio entre os centros educativos Lycée "La Providence" de Fecamp (Francia) e o noso centro, e traballando conxuntamente no tema das eco-escolas; os alumn@s do noso centro aprenderon o proceso de fabricación do queixo de cabra natural, sen produtos artificiais, da granxa "Le Valaine". (www.levalaine.com)
Ao mesmo tempo aprenderon o proceso de alimentación, coidados e reproducción dos mesmos animais dentro da granxa na que lle ofreceron unha degustación dos seus produtos.
VISITA GRANXA DE CABRAS on PhotoPeach

No hay comentarios:

Publicar un comentario