viernes, 26 de abril de 2013

XA TEMOS A NOSA CHARCA........ CPI de PANXÓN

Despois de varias semanas de traballo, inauguramos a CHARCA o día 25 de abril con motivo do intercambio e visita ao noso centro do colexio ST Catherine`s R.C. Primary SchooL.
 A creación da charca naceu cun obxectivo, ofrecer á fauna e á flora un refuxio e un lugar de protección privilexiado dentro do entorno do noso centro. Non ten unha superficie moi grande pero entendimos que era unha acción importante a favor da protección do medio ambiente que debiamos acometer.  Eliximos un terreo chan e ben soleado situado ao lado de onde temos este curso os invernadoiros dos cultivos hidropónicos. Delimitamos a charca con cordas e paus. Escavouse o terreo en forma de escaleira para obter pendentes suaves cunha profundidade de 70 cm. Retiramos as pedras e as raíces e limpouse a fondo a base da charca, para despois votar un pouco de area e unha vella moqueta e pranchas de poliestireno expandido co obxectivo de conseguir unha capa impermeable, por enriba desto puxemos unha lamina de PVC especial para charcas, decorámola con planta acuáticas, rochas……etc 

 Esperamos que a nosa charca estea rapidamente colonizada polos animais acuáticos¡¡¡¡¡
CONSTRUCCIÓN DA CHARCA on PhotoPeach

4 comentarios:

  1. Enhorabuena a todos los que participasteis en un proyecto que tenía la certeza de que resultaría exitoso, sí es cierto que habéis logrado, una vez más, sorprenderme con el resultado final. Repito mis felicitaciones.

    ResponderEliminar
  2. Un proxecto marabilloso, dá gusto ver como os rapaces se implican. Ademais quedou un estanque precioso que non nos cansamos de admirar. Parabéns a todos polo premio.

    Familia: López-Carcedo Fernández.

    ResponderEliminar
  3. Un proxecto marabilloso, dá gusto ver como os rapaces se implican. Ademais quedou un estanque precioso que non nos cansamos de admirar. Parabéns a todos polo premio.

    Familia: López-Carcedo Fernández.

    ResponderEliminar
  4. Un proxecto marabilloso, dá gusto ver como os rapaces se implican. Ademais quedou un estanque precioso que non nos cansamos de admirar. Parabéns a todos polo premio.

    Familia: López-Carcedo Fernández.

    ResponderEliminar