domingo, 12 de mayo de 2013

1º CICLO : OBRADOIRO RECICLADO DE PAPEL


Este obradoiro sobre o lixo no que se fabricou papel reciclado de xeito artesanal, levouse a cabo como una tarefa previa ao Día Internacional dos Bosques Autoctonos. Tratouse a problemática da desaparición dos bosques autóctonos para a realización de plantacións, o consumo de auga e enerxía e da produción e eliminación dos Residuos Sólidos Urbanos, así como a importancia da colaboración Reducindo, Reutilizando e Reciclando empregando como exemplo o ciclo do papel.
Obxectivos:
-  Facilitar a colaboración para a correcta reciclaxe do Concello dos diversos materiais depositándoos nos contedores axeitados.
-  Entender a importancia da redución e reutilización como pasos previos antes da reciclaxe.
- Fomentar o cambio na percepción do lixo, mostrando os residuos como unha importante fonte de recursos.
- Valorar os recursos naturais.
- Traballar a imaxinación dos nenos a través da decoración do papel reciclado.

No hay comentarios:

Publicar un comentario