domingo, 12 de mayo de 2013

OBRADOIRO 1º CICLO: XOGANDO CO LIXO



O día 8 de abril levamos a cabo este obradoiro no que se abordou a problemática da produción e a xestión de residuos e a regra dos 3 R: reducir, reutilizar e reciclar. Estes contidos foron tratados a través de xogos e a construción de xoguetes con material de refugallo.
Obxectivos:
- Fomentar o cambio na percepción do lixo, mostrando os residuos como unha importante fonte de recursos.
- Valorar os recursos naturais.
- Fomentar a utilización da imaxinación como un instrumento nos momentos de xogo e diversión, en contraposición á dependencia de determinados obxectos de consumo: tv, xoguetes mercados,...
- Traballar a psicomotricidade dos nenos a través do manexo de distintas ferramentas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario