martes, 1 de abril de 2014

A ENTREVISTA: AS REDEIRAS

Pola situación do noso centro nun pobo onde moitos dos seus habitantes están relacionados co mar e, xa que o noso proxecto anual, moito ten que ver con iso, parecía moi idóneo que se nos mostrasen as interioridades de profesións maioritariamente femininas para renderlles tributo nun día tan especial como é o Día da muller traballadora.
Tres alumnos de 2º de ESO aproveitaron a visita dun grupo de mulleres que viñeron nesta conmemoración a mostrarnos os seus traballos; traballos do mar pero que pouco sabemos deles. Algúns dos nosos alumnos saben diso porque as súas nais son mariscadoras e redeiras, outros porque ven os labores destas mulleres dende pequenos pero, aínda así, un gran grupo non reparamos nos pormenores que estes traballos tan duros encerran.
Día da muller traballadora e bases dun proxecto que se conxugaron para que os nosos coñecementos sexan maiores sobre iso e que tivo como colofón as entrevistas realizadas por estes alumnos a Carmen Chamorro, unha nai dun compañeiro que é redeira.
Para que saibades un pouco máis sobre iso déixovos coas súas entrevistas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario