martes, 29 de abril de 2014

O NÚMERO DE OURO E A SÚA REPRESENTACIÓN NA NATUREZA

"O número de ouro e a súa representación na natureza" é unha unidade didáctica preparada dende a área de Educación Plástica e Visual para os alumnos de 4º de ESO, enmarcada dentro das directrices do proxecto que se está a levar a cabo dende todas as áreas do CPI de Panxón. Con ela preténdese introducir aos alumnos no mundo das proporcións, así como no desenvolvemento xeométrico da sección áurea, a través da súa relación coas formas da natureza e de certos crecementos biolóxicos, facendo fincapé naquelas relacións máis vinculadas ao medio mariño. O seguinte vídeo está xerado a partir da presentación coa que se introduce os alumnos no tema e se desenvolven as representacións xeométricas e as súas relacións co mundo natural.

No hay comentarios:

Publicar un comentario