lunes, 6 de mayo de 2013

SOMOS GAÑADORES: I PREMIO DE BLOGS "VOZ NATURA"


Hoxe tivemos o pracer e a alegría de coñecer que somos gañadores do primeiro premio da III edición dos premios de blogs Voz Natura .
Aínda que nun evento deste tipo se fai moito fincapé nos aspectos técnicos do blog, eu teño que dicir, como administradora deste sitio, que o que fai especial este blog (que para min sen dúbida ningunha o é), é que neste cole temos moitas cousas que ensinar.
Este premio ten que servir para valorar o traballo das miñas compañeiras e compañeiros que, co seu afán diario e co seu xeito de ensinar tan creativo, fan moi doado encher de contidos este recipiente de esforzos e ilusións. Estamos a levantar un proxecto educativo cheo de compromiso e creatividade que converte este colexio nun lugar no que se respira a ilusión por aprender e ensinar.
E por suposto, non podo deixar de facer mención aos verdadeiros protagonistas deste espazo de comunicación: os nosos alumnos e alumnas que dan voz e rostro a todo o que nel, orgullosos, mostramos.
Moitas grazas a todos.

3 comentarios:

  1. Parabens Pastora! nin mais nin menos que o mellor de Voz Natura que se di pronto!!!
    Animos!!! Luisa

    ResponderEliminar
  2. Orgullo de blog para el Centro, no sólo por el premio recibido, sino por todo el trabajo que ha supuesto y que tan bien has dirigido y coordinado. Enhorabuena a ti, Pastora, y a todos los que han hecho posible este premio.

    ResponderEliminar